Unha iniciativa do CCG para difundir a obra literaria e gastronómica de Álvaro Cunqueiro e o acervo gastronómico do país en colaboración cos restaurantes de Galicia.

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coas asociacións de restaurantes de Galicia -Amigos da Cociña Galega, Comp&Go, Galicia Gourmand, Grupo Nove, Lareira, Club Rías Altas e Xantares- inicia en xuño a campaña A Cociña Galega con Cunqueiro. O obxectivo é sinxelo pero ambicioso: levar os pratos máis queridos polo principal escritor gastronómico de Galicia de volta ás cociñas dos restaurantes, recuperando a rica tradición gastronómica galega e empregando aos establecementos como un privilexiado espazo de difusión cultural. Os cociñeiros de Galicia, con diferentes estilos, tradicionais ou contemporáneos, homenaxean o escritor que dignificou a gastronomía de Galicia e lle deu carta de identidade no mundo, nun dos primeiros proxectos conxuntos da gastronomía galega: distribuír 10.000 exemplares dunha antoloxía literaria e gastronómica de Don Álvaro Cunqueiro entre os clientes dos restaurantes de Galicia.

A Cociña Galega con Cunqueiro en Facebook (receitas, pratos, restaurantes, anécdotas…)

Un destes fermosos 10.000 exemplares agarda por ti

Cando comeza?

Poderás disfrutar da gastronomía de Cunqueiro en restaurantes de toda Galicia a partir do 25 de maio de 2011.

Es un restaurante? Queres participar?

Fotografía de inicio da campaña no Mercado de Abastos de Santiago con moitos dos restaurantes participantes (ampliar a foto)

Nesta primeira campaña A Cociña Galega con Cunqueiro poden participar ata un máximo de 100 restaurantes de cociña galega (debido á elevada demanda, ampliamos de 50 restaurantes a 100), en calquera dos seus estilos, tanto tradicional como contemporáneo. Os establecementos interesados poden escribir ao responsable da campaña no Consello da Cultura Galega, Manuel Gago (director@culturagalega.org) ou ben chamar por teléfono: 981957219 (luns a venres, de 09 a 15 h.).

Os restaurantes comprométense a servir pratos da gastronomía cunqueiriana, na súa versión tradicional ou na interpretación que consideren máis acaída para o seu estilo e a obsequiar cun libro aos clientes que soliciten ese prato. Pola súa banda, o CCG proporciona aos restaurantes o material promocional, a documentación das receitas e os libros para os clientes. A campaña debe iniciarse en xuño pero recomendamos aos restaurantes que a manteñan ata que finalicen as existencias de libros.

Restaurantes que xa participan na campaña e pratos/menús que ofrecen

Baiona
Pazo de Mendoza [carta]
Parador de Baiona

  • Ensalada de Vexetais, Queixo Arzúa – Ulloa e Ostras en Escabeche

A Coruña
Asador Castellano
Bodeguilla del Huerto [carta]
Taberna Gaioso [carta]
Restaurante A la Brasa
Restaurante Mesón Coral
Restaurante Manolito
Manolito Mesón

Cambados
Pandemonium
Parador de Cambados

  • Ostras Escabechadas en Pan de Broa e Semifrío de Hortalizas

Cambre
A Estación

Celanova
Rectoral de Ansemil

Culleredo
Agar Agar

Ferrol
Mesón Alfonso [carta]
Parador de Ferrol

  • Torta de Pan de Millo con Troita Escabechada

Restaurante O Parrulo

Fene
Restaurante Muíño do Vento

Ferrol
Restaurante Modesto
Restaurante O’Parrulo
Restaurante Pataquiña

O Grove
Culler de Pau
Gran Hotel La Toja
Talaso Hotel Louxo La Toja

Guitiriz
Balneario de Guitiriz [carta]

Lalín
Restaurante Cabanas

Madrid
O Grelo

Malpica
Restaurante Refugio As Garzas

Mondariz-Balneario
Restaurante Gándara (Balneario de Mondariz)

Monforte
Parador de Monforte

  • Requeixo con mel

Mugardos
Mesón da Pedreira

Narón
Casa Pendás [carta]

Nogueira de Ramuín
Parador de Santo Estevo

  • Castañas Cocidas en Leite Fresco

Oleiros
Restaurante El Madrileño
Restaurante El Trece

Ortigueira
Restaurante Marisquería Orillamar

Padrón
A Casa dos Martínez [carta]
Asador O Pazo [carta]
Chef Rivera

Palas de Rei
A Parada das Bestas [carta]

Pereiro de Aguiar
Restaurante Galileo

Pontedeume
Restaurante Brasilia

Poio
Restaurante Solla
Restaurante Pepe Vieira

Pontevedra
La casa de las 5 puertas [carta]

Ribadeo
Parador de Ribadeo

  • Xamón de Porco Celta Adobado con Compota de Mazá e Croquetas de Castañas

Sada
Restaurante Licar
Restaurante Manel

Santiago de Compostela
Casa Marcelo
Garum
El Mercadito
Mesón de Lázaro [carta]
Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago

  • Capón con Figos e Moscatel

Restaurante Acio
Restaurante Pedro Roca
Ruta Jacobea
Sexto
Sexto II

Sober
Palacio de Sober

Teo
Restaurante San Martiño

Tui
Restaurante Silabario

Vedra
Restaurante Roberto

Vigo
Casa Moncho
De tapa en cepa [carta]
Don Chiringo

Vilalba
Parador de Vilalba

  • Tarta de Mondoñedo

Viveiro
Baiuca As Tixolas [carta]

Entidades Colaboradoras:

Co apoio de: