Imaxe. Fotografía

Historias de ida e volta: Outros destinos da emigración galega:

Todo queda entre familia, Santo Domingo, ca. 1968

Na República Dominicana o guardés José Manuel Pacheco Lomba traballou como empregado na tenda do seu curmán –José Rodríguez Lomba– chamada El Encanto, situada na avenida Duarte 196, nunha das principais arterias de Santo Domingo. A dita tenda foi adquirida polo seu curmán despois de moito esforzo e dedicación, pois comezou vendendo zapatos por todo o país. Co paso do tempo o noso protagonista tamén chegou a ser accionista da empresa. Na actualidade o local deste famoso comercio está ocupado polos Hipermercados Olé.

  • Data: 00/00/0000
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Paula Mato Lomba
  • Localizacións:
    orixe: Santo Domingo, República Dominicana;
Compartir:
Image 1