Dia do patrimonio 2017
Os centros documentais de Galicia, as bibliotecas, arquivos e museos, xuntámonos para celebrar, o 16 de novembro, o Día do Patrimonio Mundial, a través dunha oferta conxunta de actividades, materiais e contidos destinados a facer visible o patrimonio cultural documental de Galicia. Ao longo destes días iremos publicando nesta web as actividades dos centros participantes.
Usemos o hashtag #Diadopatrimonio para falarmos desta data!
consello da cultura galega

Quen?

Arquivo da Real Academia Galega
Arquivo do Reino de Galicia
Arquivo Municipal de Ferrol
Biblioteca Pública de Lugo
Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
Fundación Penzol
Fundación Xosé Soto de Fión-Ecomuseo Pazo de Arxeriz
Museo da Terra de Melide
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Museo de Belas Artes da Coruña
Museo do Pobo Galego
Servizo do patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra

Onde?

A Coruña
Ferrol
Internet
Lugo
Melide
O Saviñao
Pontevedra
Santiago de Compostela
Verín
Vigo

Cando?

Celebramos o Día do Patrimonio nos días previos e posteriores á data do 16 de novembro, pero tamén a través da publicación de contidos e actividades en Internet.
Cando Que Quen
Do 12 ao 18 de novembro A ombros de xigantes: ciencia e técnica como patrimonio
Aproveitamos a celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial (16 de novembro) para difundir o patrimonio documental que garda o Arquivo do Reino de Galicia en relación coa ciencia e coa técnica. Arredor deste eixo preparamos unha exposición virtual que se fará visible na páxina web do Aquivo. A mostra dá título a todas as actividades da semana, e complementarase con noticias que publicaremos na páxina do Facebook e no noso sitio web. Como complemento, faremos xornadas de portas abertas o 15 e o 16 de novembro.
Máis información
Arquivo do Reino de Galicia

Localidade: A Coruña
Enderezo: Arquivo do Reino de Galicia
Tlfn. 881960360
Contacto: arq.reino.galicia@xunta.gal
12-16 de novembro 2018 Un álbum de autógrafos da primeira metade do século XX
Co gallo do Día Internacional do Patrimonio, a Real Academia Galega amosa unha pequena alfaia que conserva no seu arquivo: o álbum de autógrafos de Juana Fernández Pinto. A peza recolle 137 sinaturas de persoeiros das primeiras décadas do século XX, recompiladas entre 1920 e 1930. Ela mesma doouna á RAG xunto a outros documentos propios e do seu home, o escritor e xornalista Xavier Bóveda.
Máis información
Arquivo da Real Academia Galega

Localidade: A Coruña
Enderezo: Páxina web Real Academia Galega
Tlfn. 981207308
Contacto: arquivo@academia.gal
16 de novembro de 2018 Portas abertas ao Arquivo
Visita guiada ao Arquivo. Breve introducción sobre o Arquivo Municipal, as súas funcións e a súa historia. Exposición de documentos significativos. Descripción das instalacións e visita a parte delas.
Máis información
Arquivo Municipal de Ferrol

Localidade: Ferrol
Enderezo: Arquivo Municipal. Concello de Ferrol. Praza de Armas, s/n. 2º andar
Tlfn. 981944185
Contacto: arquivo@ferrol.es
Venres 16 de novembro ás 18.00h O Pantocrátor de Santa Baia de Camba
Presentación e explicación do proceso de restauración do Pantocrátor románico de Santa Baia de Camba (procedente de Rodeiro, Pontevedra). Na explicación participarán Luis Martul Tobío, membro da familia doadora do Pantocrátor de Santa Baia, que explicará como chegou esta peza ao Museo do Pobo Galego; David Conde Lourido, responsable de exposicións do MPG, que comentará o contexto artístico da peza e o seu significado iconográfico; e Alexa García Pose, responsable de colección, que contará cal era o estado inicial do Pantocrátor e como foi o seu proceso de recuperación e saneamento.
Máis información
Museo do Pobo Galego

Localidade: Santiago de Compostela
Enderezo: Claustro do Museo do Pobo Galego
Tlfn. 981583620
Contacto: coleccion@museodopobo.gal
Peza do mes

Máis información
Fundación Penzol

Localidade: Vigo
Enderezo: Fundación Penzol
Tlfn.
Contacto:
16/11/2018 Día do Patrimonio 2018
Día Internacional do Patrimonio Mundial Venres 16 de novembro de 2018 9:30 ás 20:30 h / Entrada libre para todos os públicos Xornada de portas abertas. 19:00 h / Entrada libre para todos os públicos O equipo de TAU Restauración explicarannos dun xeito ameno o proceso seguido para restaurar dúas táboas sobre óleo do século XVI. Acto seguido gozaremos con pezas musicais contemporáneas ás pinturas presentadas, interpretadas polo arpista Manuel Vilas.
Máis información
Museo das Peregrinacións e de Santiago

Localidade: Santiago de Compostela
Enderezo: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Tlfn. 881867316
Contacto: difusion.mdperegrinacions@xunta.es
16 de novembro á 31 de novembro “MICROMEDIOS” LUCENSES: Xornais, revistas e boletíns no comezo da Democracia (1975-1984)
A Biblioteca Pública de Lugo súmase con esta exposición á celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial contribuíndo a dar visibilidade ao patrimonio bibliográfico de Lugo. Esta exposición exprésanos o despertar dos impresos populares, que se produciu co cambio da dictadura a un estado constitucional democrático, que respectará os dereitos e liberdades da persoa, entre elas a liberdade de informar.
Máis información
Biblioteca Pública de Lugo

Localidade: Lugo
Enderezo: Biblioteca Pública de Lugo
Tlfn. 982828324
Contacto: maria.elena.garcia.pazos@xunta.gal
16 de novembro de 2018 Xornada de portas abertas
Xornada de portas abertas no Museo de Belas Artes da Coruña para promover o coñecemento do patrimonio artísitco e cultural que custodia.
Máis información
Museo de Belas Artes da Coruña

Localidade: A Coruña
Enderezo: Museo de Belas Artes da Coruña
Tlfn. 881881700
Contacto: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal
16 de novembro de 2018 A Real Casa da Moeda da Coruña
Difusión a través da rede dunha peza singular en representación da colección de moedas da Real Casa da Moeda da Coruña, que actualmente pódese ver exposta no museo.
Máis información
Museo de Belas Artes da Coruña

Localidade: Internet
Enderezo: Difusión a través da páxina web e nas redes sociais do museo.
Tlfn. 881881700
Contacto: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal
16 de novembro de 2018 Xornada de portas abertas
Entrada gratuita no Ecomuseo Pazo de Arxeriz durante a xornada do 16 de novembro onde ademais de coñecer a vida dos nosos antepasados podemos visitar o castro de Arxeriz e pasear polos xardíns e carballeira.
Máis información
Fundación Xosé Soto de Fión-Ecomuseo Pazo de Arxeriz

Localidade: O Saviñao
Enderezo:
Tlfn. 692941667
Contacto: ecomuseodearxeriz@gmail.com
16 de novembro de 2018 Roteiro polo Melide das Lendas e da Historia
Trátase dun Roteiro polo Casco Vello de Melide no que se contan episodios históricos reais e acontecementos insólitos que tiveron lugar nas rúas da vila, todo elo documentado e que forma parte da historia real, e tamén se contan as lendas asociadas ó Casco Vello e sucesos que tiveron lugar nas súas rúas. Estes Roteiros Nocturnos son complementarios dos Roteiros Diúrnos, nos que se conta a Historia Medieval e Moderna da vila de Melide, incidindo no repertorio artístico, monumental e urbanístico da mesma. Terá lugar ó venres 16 de novembro ás 19:00 horas. Presentación e saída no Museo de Melide.
Máis información
Museo da Terra de Melide

Localidade: Melide
Enderezo:
Tlfn. 981507998
Contacto: museodaterrademelide@gmail.com
16 de novembro de 2018 Día do Patrimonio 2018
Información web específica sobre os fondos e as actuacións.
Máis información
Servizo do patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra

Localidade: Pontevedra
Enderezo:
Tlfn. 986804100
Contacto: arquivo@depo.gal
29-10-2018 y 30-10-2018 Na Lembranza de D. Xesús Taboada Chivite
A Biblioteca do Concello de Verín, rinde tributo á figura de D. Xesús Taboada Chivite, nas datas na que se conmemora o seu pasamento. Deste xeito a Biblioteca do Concello de Verín inaugurará unha pequena mostra da correspondencia entre o ilustre academico verinés e outros ilustres coetáneos, que darán fe da estreita relación do noso etnógrafo e escritor con outros insignes galeguistas, historiadores e escritores da época. Dentro do mesmo ciclo teremos a conferencia de D. Paco López-Barxas que presentará a súa nova obra “Ben-Cho-Shey inédito”, onde fará unha especial mención a D. Xesús Taboada Chivite.
Máis información
Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Localidade: Verín
Enderezo: Biblioteca do Concello de Verín
Tlfn. 988413624
Contacto: biblioteca@verin.gal
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +