Dia do patrimonio 2017
Os centros documentais de Galicia, as bibliotecas, arquivos e museos, xuntámonos para celebrar, o 16 de novembro de 2020, o Día do Patrimonio Mundial, a través dunha oferta conxunta de actividades, materiais e contidos destinados a facer visible o patrimonio cultural documental de Galicia. Ao longo destes días iremos publicando nesta web as actividades dos centros participantes.
Usemos o hashtag #Diadopatrimonio para falarmos desta data!


consello da cultura galega

Quen?

Arquivo de Galicia
Arquivo do Reino de Galicia
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Arquivo Histórico Universitario da Universidade de Santiago de Compostela.
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Concello de Allariz
Concello de Oleiros
Consello da Cultura Galega
Deputación de Pontevedra - Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico
Fundación Penzol
Fundación Xosé Soto de Fión
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Museo de Belas Artes da Coruña
Museo do Viño de Galicia
Real Academia Galega
Rede Museística Provincial de Lugo

Onde?


Cando?

Celebramos o Día do Patrimonio nos días previos e posteriores á data do 16 de novembro, pero tamén a través da publicación de contidos e actividades en Internet.
Cando Que Quen
Todo o mes de novembro Visitas inmersivas
A través da plataforma online zoom aos catro museos da rede, previa concertación a través dos teléfonos respectivos de cada un dos museos.
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Plataforma zoom
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
Todo o mes de novembro Feito para ti
Visitas telefónicas para maiores ou persoas dos colectivos de discapacidade, concertación chamando ao telefono dos catro museos. A concertación a poden facer os/as propios interesados/as formando parte do Club Sénior, a través dunha asociación ou a través das traballadoras sociais dos concellos.
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Rede Musesística Provincial de Lugo
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
Todo o mes de novembro Amar a mar
Este proxecto parte do 50 aniversario do Museo Provincial do Mar de San Cibrao. É produto dun traballo de comunidade, feito en colaboración cos concellos, o tecido asociativo e o eido educativo. Unha ollada da Mariña vista polas súas xentes, desde a costa ó interior, cunha especial homenaxe ás súas mulleres.
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Rede Museística Provincial de Lugo e Concellos da Mariña Lucense
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
Sábado 7 de novembro de 2020 e seguintes. "Arredor de si", arredor de nós
Trátase de dar a coñecer e poñer en valor un documento exclusivo do noso arquivo como é o manuscrito autógrafo da novela "Arredor de si" de Ramón Otero Pedrayo. Escollemos esta singular peza pola súa importancia na configuración e reafirmación do coñecido grupo "Nós", tan presente este ano, co gallo do centenario da súa referencial publicación homónima, por eles promovida no 1920
Máis información
Fundación Penzol

Localidade:
Enderezo:
Tlfn. 986226459
Contacto: direccion.penzol@vigo.org
Do 9 ao 16 de novembro Mulleres e patrimonio documental: o caso de Concepción Miranda
Concepción Miranda, marquesa viúva da Torre, foi desposuída no ano 1808, por orde directa do presidente do Consello de Castela á Audiencia de Galicia, da tutela dos seus fillos e da administración dos seus bens e rendas, baixo a acusación de que polas súas “manías e caprichos carece de la disposición necesaria para el manejo y administración de sus rentas y vínculos, igualmente que para dar educación a sus dos hijos”.
Sen coñecermos a razón profunda que motivou esta dura decisión, a lectura do voluminoso expediente xudicial a que deu lugar achéganos á loita desigual da condesa por conservar os seus fillos e os seus bens nun mundo dominado polos homes.
Esta loita reflectida en papeis sérvenos como aproximación á realidade do patrimonio documental. Un patrimonio que non só é historia senón que nos serve para construíla e relatala. A cuestión é: como facelo criticamente?
Aproximarémonos á resposta coa pescuda doutros documentos que contextualicen o mundo e a época que viviu a condesa, sen saírmos, na medida do posible, do mundo pechado pero ao mesmo tempo aberto e universal que é un arquivo.
Así, durante a semana do 9 ao 15 de novembro, o arquivo difundirá no seu sitio web e na rede social na que participa, documentos relacionados con este proceso xudicial ou co contexto histórico no que se desenvolveu. O 16 de novembro, día Internacional do Patrimonio, culminaremos este percorrido coa publicación dunha exposición virtual, que tamén se pode seguir en Facebook.
Máis información
Arquivo do Reino de Galicia

Localidade:
Enderezo: Actividade virtual: sitio web e rede social na que participa o arquivo
Tlfn. 881960360
Contacto: arq.reino.galicia@xunta.gal
Do 9 a o 29 de novembro Patrimonio, orgullo do meu lar
Publicacións ( fotografía ou vídeo ou breve texto) nas que se poña en valor o Patrimonio da provincia de Lugo. Utilizando o hashtag #Patrimoniolucense #Redemuseistica #MuseoProvincialdoMar #MuseoProvincialdeLugo #SanPaiodeNarla #PazodeTor #Díadopatrimonio.
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Redes sociais
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.co
Do 9 a o 29 de novembro Dende os ollos dos nenxs
Xs nenxs que queiran participar, enviarán un debuxo do Patrimonio da súa zona, que serán colgados nas Redes Sociais. Deberánse enviar ao correo redemuseistica@gmail.com
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Rede Sociais da Rede Museística
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
10, 17, e 24 de novembro e 1 de decembro ConversARTE na Rede
"Charlas participativas online ao redor dunha peza de Museo “A Guía Postal de Lugo” de Maruja Mallo. Os nosos tesouros.” Día 10 de 17:00 a 18:00 horas. “O Torques de Burela, a colección de orivería antiga e popular. De xoias e novos valores.” Día 17 de novembro, de 17:00 a 18:00 horas “Raíña da panoplia do Rock’n’Roll” de Paco Pestana. Día 24 de novembro, de 17:00 a 18:00 horas “Querémonos vivas.” Día 1 de decembro, de 17:00 a 18:00 horas “O repudio de Agar”. Xente das marxes. Día 17 de novembro, ás 12:00 horas, no Museo Pazo de Tor"
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Plataforma zoom
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
Do 10 ao 16 de novembro de 2020 Roteiro sobre olería tradicional e cerámica
"O vindeiro día 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial e o Museo Os Oleiros quere participar nesta celebración propoñendo unha actividade apta para toda a familia. Trátase dun Roteiro centrado na influencia da olería tradicional na cerámica máis actual. Terá unha duración aproximada dunha hora e realizarase por libre, respectando en todo momento a capacidade máxima de cada espazo.
O percorrido que vos propoñemos é o seguinte:
A primeira parada será o Castelo de Santa Cruz, para visitar a magnífica exposición: “Ensambleisaac”, que homenaxea á figura de Isaac Díaz Pardo no ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento. Propoñémosvos que vos centredes na peza que da nome a mostra, obra de Paco Díaz, e na que se van ensamblando distintas pezas realizadas por destacados oleiros e ceramistas galegos. Cada unha das pezas vai encaixando e soportando a seguinte, do mesmo xeito que a olería tradicional é a base e o punto de partida da cerámica actual. Trátase dunha fusión do pasado e a modernidade da nosa tradición cerámica sobre a que paga a pena facer unha reflexión.
Xa fora, no xardín do Castelo, recomendamos a visita ao “Monumento á pardela” realizado polo artista Francisco Pérez Porto, colaborador de Isaac Díaz Pardo nas fábricas de Sargadelos e do Castro de Samoedo.
A seguinte parada será na rúa Repicho para contemplar unha das obras murais do artista Yoseba Murizabal titulada: “Lola, a súper oleira”. Unha obra que se enmarca dentro da súa xa célebre serie das “súper avoas”.
E a última, pero non menos interesante, parada deste Roteiro será no Museo Os Oleiros para visitar a sala dedicada á olería galega. Nela poderemos descubrir as pezas características das olerías que continúan en activo e exemplos daquelas que xa deixaron de funcionar.
Chegados a este punto, recomendámosvos tamén a visita ao fermoso xardín do centro cultural As Torres. Neste espazo consérvase unha cuba de barro de finais do s. XVIII ou comezos do s. XIX que proven da provincia de Tarragona. Para os que non podedes realizar fisicamente o Roteiro, entre os días 10 e 16 de novembro, imos publicar nas RRSS do Museo Os Oleiros os elementos patrimoniais máis destacados desta actividade. Estade atentos!
Máis información
Concello de Oleiros

Localidade:
Enderezo: Santa Cruz (Oleiros)
Tlfn. 981626692
Contacto: museos@oleiros.org
A partir do 11 de novembro Historias de ida e volta
Entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Precisaban, ademais de cartos cos que custear a viaxe, unha serie de permisos e documentos tanto para poder saír do país como para entrar na nova terra de promisión. O Arquivo da Emigración Galega preparou este especial que permite, a partir de fondos da entidade e de coleccións doadas por particulares, coñecer os primeiros pasos dos e das protagonistas para preparar a partida e iniciar a viaxe.
Máis información
Consello da Cultura Galega

Localidade:
Enderezo: Web do Consello da Cultura Galega
Tlfn. 981+34 881 995 143
Contacto: aemigracion@consellodacultura.gal
15 de novembro Oficios en extinción, a voz do último carpinteiro de Ribeira.
Colgarase no facebook do Museo Provincial do Mar un vídeo explicando a labor do carpinteiro de Ribeira. Fárao o último carpinteiro de Ribeira da Mariña Lucense, Paco Fra.
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Redes sociais da Rede Museística
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
16 de novembro “Como afecta á un ben unha declaración de Ben de Interese Cultural ou Patrimonio Mundial”
Conferencia a cargo da Catedrática de Historia da Arte, Ana Goy Diz, sobre a natureza xurídica e patrimonial dun Ben de Interese Cultural. A conferencia será ás 09.00 h.
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Plataforma Zoom
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
17 de novembro O Museo-Pazo de Tor como paradigma da civilización pacega: un BIC na Ribeira Sacra
"O uso das redes socias como difusoras culturais nos tempos da COVID-19. O novo paradigma de Tik Tok e o seu uso entre adolescentes. A RMPL como receptora das redes sociais. Vídeos dun minuto como difusores da cultura.
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Tik Tok Rede Museística
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
16 de novembro de 2020 Testamento de Alonso de Fonseca III
"O Arquivo Histórico Universitario, en conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial, quere dar a coñecer un documento cargado de simbolismo: O Testamento de Alonso de Fonseca III, personaxe senlleiro e poliacético da primeira Idade Moderna. A súa figura ten un marcado carácter local, patente no seu labor filantrópico e de promoción da actividade artística na cidade de Santiago, pero tamén de difusión de valores universais como o humanismo ou o erasmismo O texto do documento seleccionado manifesta a súa personalidade minuciosa e meticulosa, e no seu contido establécense as bases da institución que co devir dos séculos se convertirá no que hoxe en día é a Universidade de Santiago de Compostela. "
Máis información
Arquivo Histórico Universitario da Universidade de Santiago de Compostela.

Localidade:
Enderezo: Páxina web do Arquivo Histórico Univerisitario
Tlfn. 881812886
Contacto: jaime.farina@usc.es
Do 16 ao 22 de novembro Coñecer, valorar, protexer
Publicación no portal web
Máis información
Arquivo de Galicia

Localidade:
Enderezo: Portal web
Tlfn. 881999664
Contacto: arquivogalicia.cultura.@xunta.gal
16 de novembro de 2020 Os Álbums fotograficos
Os álbums fotográficos: un pequeno percorrido pola súa evolución histórica.
Máis información
Real Academia Galega

Localidade:
Enderezo: Web
Tlfn. 981207308
Contacto: arquivo@academia.gal
16 de novembro de 2020 A lagareta ambulante
" Con motivo do Día do Patrimonio Mundial 2020 queremos dende o Museo do Viño de Galicia, destacar unha peza do museo, a lagareta. Así, ofrecerase o día 16 de novembro unha explicación pormenorizada da peza exposta a todo aquel que queira achegarse a ela, unha parada especial durante as visitas programadas para familia nese día, ademais da publicación da información relativa a peza nas redes sociais e páxina web do museo para todas aquelas persoas que non podan achegarse o centro. Nesta explicación ademais de coñecer a importancia da lagareta na deriva da viticultura da zona do Ribeiro e o seu funcionamento, explicarase a motivación detrás da característica móbil da lagareta e o oficio específico que naceu como consecuencia. Ademais a mostra e explicación de esta peza, será unha oportunidade para coñecer as labores de documentación e restauración vinculadas a un correcto trato do patrimonio e recordar así a necesidade da súa preservación. "
Máis información
Museo do Viño de Galicia

Localidade:
Enderezo: Museo do Viño de Galicia
Tlfn. 988708720
Contacto: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal
Do 16 ao 22 de novembro O legado do castro
Divulgación a través das nosas redes sociais de sete das pezas atopadas durante as excavacións no castro de Arxeriz, unha peza cada día para dar a coñecer parte dos nosos fondos.
Máis información
Fundación Xosé Soto de Fión

Localidade:
Enderezo: Redes sociais do Ecomuseo Pazo de Arxeriz
Tlfn. 692941667
Contacto: ecomuseodearxeriz@gmail.com
16 de noviembre Patrimonio local, patrimonio universal
"IAGO E GALO O Día do Patrimonio 2020 ten como lema “Patrimonio local, patrimonio universal”. A elección da presente peza xustifícase precisamente seguindo este lema. Trátase dun gravado dun Santiago Peregrino con todos os seus atributos chapeu con cunha de vieira, esclavina, bordón, estandarte coa cruz de Santiago, libro dos evanxeos … Un valor engadido é a presenza do galo, que fai referencia a un dos milagres e lendas atribuídos a Santiago, polo que os valores da tradición oral e popular estarían simbolizados na ave representada nesta lámina. Por que valor local, valor universal, desta peza? A figura de Santiago é por si mesma un símbolo de universalidade cultural estendida máis aló dos límites do Camiño. Non obstante, este gravado esconde un dos resgos máis característicos da nosa cultura e que a fai máis universal aínda, o da emigración. Esta lámina foi realizada na Arxentina, polo artista Rubén de la Colina. En América Latina, a figura de Santiago gozou de gran devoción, aínda que habitualmente está vinculada coa iconografía de Santiago Cabaleiro. O Santiago que reflexa este gravado, é un retrato máis popular, vinculado coas antigas estampas de peregrino de orixe bretón (s. XVII - XVIII) que facían alusión aos milagres e lendas xacobeas que se prolongan en Galicia hasta ben entrado o século XX (Bescansa Hernández, 2001: 130 - 131). A emigración dalgúns artistas galegos á Arxentina durante o século XX, véxase o caso de Castelao e Seoane, é posible que exercera certa influencia nos círculos das artes, das letras e da impresión do continente americano (Bescansa Hernández, 2001: 130 - 131). Polo tanto as características que impregnan este gravado como a cultura popular, a orixinalidade artística e o trasvase de información dun continente ao outro faina especialmente apta para esta candidatura de “Patrimonio local, patrimonio universal”.
Máis información
Museo das Peregrinacións e de Santiago

Localidade:
Enderezo: on line
Tlfn. 881867316
Contacto: difusion.mdperegrinacions@xunta.gal
Publicación en redes sociais o Dia do Patrimonio Catalogación e dixitalización do fondo gráfico do Hospicio e Fogar provincial de Pontevedra
"A actividade proposta consiste na posta en valor do traballo realizado na Sección de Fondos Audiovisuais do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra co fondo gráfico do antigo Hospicio e Fogar provincial. Dende o ano 1953 o Hospicio e a antiga Inclusa se funden nun único organismo formando así o Fogar provincial, que funcionou ata 1976, data na que se creou a Cidade infantil Príncipe Felipe. O fondo está formado por máis de 100 unidades documentais (álbumes fotográficos, caixas, arquivadores) contendo máis de 3000 fotografías. Rematado o proceso de catalogación e dixitalización, 1879 destas fotos están disponibles para a súa consulta e descarga no noso metabuscador Atopo (a través deste enlace). Consideramos que este fondo dispón dun valor patrimonial, histórico e social indudábel. As fotos describen a vida dos internos, relixiosas encargadas do seu funcionamento e a continua relación con funcionarios e cargos políticos da Deputación a través da súa participación en cursos, actos académicos, festas relixiosas, celebracións, etc.
Máis información
Deputación de Pontevedra - Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico

Localidade:
Enderezo:
Tlfn. 881201020
Contacto: arquivoaudiovisual@depo.gal
Do 16 ao 20 de novembro Mergullándonos nos fondos da BUSC: curiosidades
Durante esa semana, e a razón de un por día, publicaremos imaxes no noso Instagram de libros, folletos e outro patrimonio bibliográfico que custodia a BUSC.
Máis información
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela

Localidade:
Enderezo: Canle de Instagram da BUSC
Tlfn. 88111180
Contacto: lorena.gomez@usc.es
16 de novembro O Triunfo da posta en valor do Patrimonio Cultural - Museo do Coiro
Publicación de fotos no Facebook de como foi o proceso de recuperación do Museo Fabrica de Curtidos Familia Nogueiras
Máis información
Concello de Allariz

Localidade:
Enderezo: Facebook Concello de Allariz
Tlfn. 988440859
Contacto: museos@allariz.gal
Publicación en redes sociais o Dia do Patrimonio Dous proxectos en materia de conservación e difusión do patrimonio bibliográfico da provincia de Pontevedra
Dende o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra presentamos dúas actuacións, rematadas recentemente en materia de conservación e difusión do patrimonio bibliográfico provincial.
Acceso á colección do Heraldo Guardés 1910-1918 Dunha banda, poñemos a disposición da cidadanía a través do noso metabuscador Atopo os números da publicación Heraldo Guardés cos que contamos entre os nosos fondos. Trátase concretamente dun total de 464 exemplares que van dende o 1 de xaneiro de 1910 (número 232) ata o 28 de decembro de 1918 (número 695) e que, agás os 6 primeiros números de 1910 e os catro últimos de 1911, están nun aceptable estado de conservación.
Fundado por José Darse Sobrino, que á súa vez foi director, xerente e propietario de dito xornal, este semanario publicado entre os anos 1904 e 1935 representa sen lugar a dúbidas unha fonte bibliográfica de obrigada consulta para achegarse á cultura e á vida cotiá da veciñanza da Guarda hai máis de cen anos, ademais de representar no seu momento un importante vencello coas persoas emigradas.
En definitiva, estamos diante dunha fonte historiográfica de extraordinario valor tanto para a cidadanía en xeral como para os investigadores en particular e que agora o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico vén de poñer en valor mediante a dixitalización dos 464 números do seu fondo.

A colección histórica do Boletín oficial da provincia, dixitalizada e disponible para a súa consulta Rematado fai un tempo o proceso de dixitalización da inmensa maioría da colección do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, ven de completarse o proxecto para a súa difusión pública mediante a incorporación do resultado no portal atopo.depo.gal, enmarcado no proceso de melloras do mesmo que se están a desenvolver na actualidade.
O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico levou a cabo unha no seu día un complexo proceso de recuperación de orixinais para este fin, que complementaran a ampla colección da que dispoñía a propia Deputación, tanto na Biblioteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico coma no Museo de Pontevedra. A tal fin utilizáronse exemplares orixinais conservados en diversas institucións especialmente do Arquivo Municipal de Vigo, que dispón dunha moi completa colección en papel, no Arquivo municipal de Tui e na Biblioteca do Instituto Pai Sarmiento de Santiago, así como algúns exemplares xa microfilmados con anterioridade.
Como consecuencia diste traballo, os máis de 43.000 exemplares están xa dispoñibles na súa versión PDF a través do catálogo bibliográfico e documental ""AtoPo"" e permitirán aos usuarios o acceso a unha fonte de información de elevada consulta e abondosa información para o coñecemento da realidade administrativa dende 1834, data do primeiro exemplar ofrecido, ata a actualidade.
Son preto de 350.000 imaxes que recollen a practica totalidade dos números editados, xa que apenas faltan un par de centos de números, que se están a procurar para proceder a completar a colección na súa totalidade.


Máis información
Deputación de Pontevedra - Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico

Localidade:
Enderezo: Redes sociais
Tlfn. 886201020
Contacto: josemaria.cumbraos@depo.gal
16 de novembro de 2020 O fondo Picó: exemplos do dinamismo económico na primeira metade do s. XX na provincia de Pontevedra.
"O fondo Rafael Picó Cañeque (1895-1984), doado ao arquivo polo seu fillo, recolle a documentación deste enxeñeiro de camiños, canles e portos, que traballou na Xunta de Obras do Porto de Pontevedra entre 1921 e 1951, foi presidente da Deputación de Pontevedra entre 1942 e 1948 e exerceu como inspector xeral de Portos ata a súa xubilación en 1965. Con posterioridades seguiu traballando na empresa privada ata 1980. A través dos proxectos que se conservan neste fondo, amósanse distintos exemplos de constucións tanto no ámbito público como privado, civil ou relixioso, que nos reflicten as tendenzas constructivas do momento e nos permiten facer estudos dende diversas perspectivas."
Máis información
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Localidade:
Enderezo: Nas redes sociais, a través do facebook do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Tlfn. 886151536
Contacto: arq.historico.pontevedra@xunta.gal
A partir do 16 de novembro Ideas ao redor do Foro "Patrimonio e sociedade"
O Consello da Cultura Galega promove o Foro "Patrimonio e sociedade", un espazo de encontro entre a sociedade civil, a academia e os profesionais do patrimonio cultural no que se debate sobre as súas problemáticas e o seu futuro. Neste vídeo poderemos coñecer diferentes perspectivas e achegas que converxen neste debate colectivo.
Máis información
Consello da Cultura Galega

Localidade:
Enderezo: Web do Consello da Cultura Galega
Tlfn. +34981957202
Contacto: correo@consellodacultura.gal
16 de novembro de 2020 Celebración do Día do Patrimonio Mundial
O Museo de Belas Artes da Coruña súmase un ano máis á celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial que se celebra o 16 de novembro, para poñer en valor o noso patrimonio cultural e artístico. Por iso, o luns 16 de novembro realizaremos diversas publicacións nas nosas redes sociais relativas ao noso patrimonio arquitectónico e artístico. En concreto abordaremos a historia da transformación do solar onde se ubica o actual edificio do museo e por outra banda presentaremos unhas publicacións de prensa feminina de finais do século XIX que forman parte dos fondos do museo e que poñemos en relación coa actual exposición no museo titulada ""Vestir épocas 1860-1960. A Colección González-Moro"".
Máis información
Museo de Belas Artes da Coruña

Localidade:
Enderezo: Nas redes sociais do museo en internet
Tlfn. 881881700
Contacto: mu.belas.artes.coruna@xunta.gal
17 de novembro Algúns protagonistas da difusión e conservación do Patrimonio cultural da Ribeira Sacra.
Darémoslle voz a aquelas persoas que, polo seu traballo, teñen un compromiso co patrimonio material e inmaterial, tanto no eido da conservación como no da divulgación. Trátase dunha escolma de vídeos de curta duración nos que unha guía, un arqueólogo, un restaurador… falan en primeira persoa do seu traballo.
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Plataforma Zoom
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
17 de novembro Algúns protagonistas da difusión e conservación do Patrimonio cultural da Ribeira Sacra.
Darémoslle voz a aquelas persoas que, polo seu traballo, teñen un compromiso co patrimonio material e inmaterial, tanto no eido da conservación como no da divulgación. Trátase dunha escolma de vídeos de curta duración nos que unha guía, un arqueólogo, un restaurador… falan en primeira persoa do seu traballo.
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Plataforma Zoom
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
30 de novembro A muralla no museo
Percorrido virtual para familias
Máis información
Rede Museística Provincial de Lugo

Localidade:
Enderezo: Museo Provincial de Lugo
Tlfn. 699836883
Contacto: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +