Xela Arias

Día das Letras Galegas 2021

Xela Arias

Día das Letras Galegas 2021
Xela Arias. Album de Galicia

Biografía.Álbum de Galicia.

En plena actividade creativa, cun abismático e lúcido libro negro a presentar e a orixinalidade dunha traxectoria que non se someteu máis que ao seu propio ritmo, a morte de Xela Arias conmocionou ao mundo cultural galego en novembro de 2003. Pechábase aos 41 anos o ciclo vital dunha escritora precisa, extrema, de palabra tensa e contida. O seu é un nome que se pronuncia sen xeración, sen grupo, desas voces singulares, inclasificables, que se constrúen nas marxes dos manuais. Por Ana Romaní para o Álbum de Mulleres. .

A propósito de Xela. Evento

Xornada.A propósito de Xela

O 26 de marzo de 2014 o Consello da Cultura Galega organizou unha xornada para lembrar a Xela Arias, pero tamén a Luísa Villalta, representativas da progresión que desde mediados dos anos 80 supuxo a presenza das mulleres como axentes, referentes e xestoras culturais no país. Aquí están os materiais desta xornada.

Libros

Libro.

Ofrecemos en libre descarga unha edición non venal comentada dunha obra escrita pola figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, e cumprindo cun desexo da súa familia, o CCG editou o relato “Non te amola”. O libro está ilustrado por Bea Gregores (Vigo, 1995) e conta cunha introducción de Ana Iglesias, amiga da súa etapa universitaria.

O equilibrio dos extremos

Especial.O equilibrio dos extremos

O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Neste abrente primaveral dun ano de desacougos, incertezas e esperanzas e, ao fío do nomeamento de Xela Arias como figura homenaxeada do Día das Letras 2021, o Consello da Cultura Galega quere abrir un diálogo literario entre novas voces poéticas e a da autora viguesa.

Concerto

Concerto.Laura LaMontagne & PicoAmperio

O 16 de maio terá lugar o tradicional Concerto das Letras Galegas, que busca unir textos e música co obxectivo de subliñar a dimensión conmemorativa, reivindicativa e festiva da xornada, sempre ao redor da figura homenaxeada no Día das Letras. Nesta ocasión, a presenza escénica do scrartching nebuloso de PicoAmperio e o carisma magnético de Laura LaMontagne fundiranse coa poesía de Xela nunha proposta estética audiovisual moi anovadora.

Dis ma-ma-má



O Consello da Cultura Galega e o compositor Juanjo Cura teñen o pracer de ofrecerlles a descarga as partituras e os audios coas voces de referencia da versión realizada por este músico do poema "Dis ma-ma-má" do libro Darío a diario de Xela Arias (Xerais, 1996).

Xela e Gianni



Os Contos ao teléfono de Gianni Rodari son boa mostra da actividade de Xela Arias como tradutora de literatura infantil e xuvenil. O libro foi publicado pola editorial Juventud en 1986. Neste especial, a tradución de Xela e Valentín Arias cobra vida a través da voz de Charo Pita, ofrecendo doce contos que son tamén un convite a soñar coa fantasía de Rodari.

Galería fotográfica

Momentos na vida de Xela Arias
Xela Arias Xela Arias Xela Arias Xela Arias

Xela Arias na sua voz

Compilamos unha serie de entrevistas e intervencións sonoras de Xela Arias que figuran na súa entrada no Álbum de Mulleres.

Entrevista
Xela Arias na RG

Palabras de Xela Arias na entrevista realizada no programa Diario Cultural da Radio Galega con motivo da publicación do seu libro Intempériome

Poema do libro Intempériome recitado por Xela Arias.

Poema do libro Intempériome recitado por Xela Arias no Diario Cultural da Radio Galega en Outubro de 2003

Poema do libro Intempériome recitado por Xela Arias no Diario Cultural da Radio Galega en Outubro de 2003

Poema do libro Intempériome recitado por Xela Arias no Diario Cultural da Radio Galega en Outubro de 2003

Poema II do libro Intempériome recitado por Xela Arias

Poema do libro Intempériome recitado por Xela Arias no Diario Cultural da Radio Galega en Outubro de 2003

iphone 2

Poema de Xela Arias dedicado a Rosalía de Castro

Poema de Xela Arias dedicado a Rosalía de Castro editado no Libro-Cd Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, editado pola Fundacion Rosalía de Castro.

Xela Arias fala do seu libro Intempériome na RG

Palabras de Xela Arias na entrevista realizada no programa Diario Cultural da Radio Galega con motivo da publicación do seu libro Intempériome

Xela Arias no programa Diario Cultural da Radio Galega

Palabras de Xela Arias na entrevista realizada no programa Diario Cultural da Radio Galega con motivo da publicación do seu libro Intempériome

AUDIOVISUAL

Xela e a palabra
Audiovisual. 2014. Consello da Cultura Galega

Audiovisual producido polo Consello da Cultura que recupera a importancia da obra e a figura de Xela Arias con especial atención ao valor da palabra da súa poética e tamén ao traballo de tradución e edición que exerceu en Edicións Xerais de Galicia. Foi encargado a Illa Bufarda e proxectada no marco da xornada “Xela Arias e Luísa Villalta: letras, interartes, proxectos na fin de século” organizada polo Consello da Cultura Galega en marzo de 2014.

Noticias

O Consello da Cultura Galega desenvolverá ao longo de 2021 unha serie de iniciativas encamiñadas a dar unha maior difusión á súa figura. Neste apartado atoparás toda a información xenerada pola institución acerca de Xela Arias

O Consello da Cultura Galega recupera a prosa anovadora de Xela Arias na súa publicación de homenaxe

“Pensei que escribir un libro podía ser unha cousa ben inútil”. Así se titula o último conto de “¡Non te amola!” a obra narrativa na que Xela Arias, homenaxeada co Día das Letras Galegas en 2021, ficciona boa parte da súa nenez. Este é o texto que o Consello da Cultura Galega (CCG) recuperou da autora no marco da edición conmemorativa coa que homenaxea á figura escollida cada 17 de maio. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, destacou na presentación da publicación que “proclama a importancia da escritura como forma intervención”. Canda ela estaban Darío Gil, fillo da homenaxeada; a profesora Ana Iglesias, autora do estudo crítico do texto; e Bea Gregores, responsable das ilustracións da publicación. Todos eles destacaron que este texto ofrece outras facetas menos coñecidas de Xela. O libro xa se pode descargar de balde desde o sitio web do CCG.

O Consello da Cultura Galega homenaxea a vangarda de Xela Arias no seu Concerto das Letras Galegas

O Auditorio do Mar de Vigo será o escenario no que o Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará o vindeiro día 16 de maio ás 20:00 horas o seu tradicional Concerto das Letras Galegas. O Concello de Vigo colabora na realización deste proxecto que xuntará a experimentación musical de LauraLaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias (1962-2003), figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas. O concerto é presencial pero poderá seguirse en directo desde o web do CCG e da CRTVG, e no propio 17 de maio na segunda cadea da TVG. As entradas do concerto serán de balde e pódense retirar desde hoxe a través da plataforma teuticket.

PRESENTADA EN VIGO A PROGRAMACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS QUE LEMBRARÁ A CONTEMPORANEIDADE DE XELA ARIAS

Publicacións, proxeccións multimedia, concertos e un acto académico son as actividades centrais que lembrarán a figura de Xela Arias (Lugo, 1962- Vigo, 2003) ao longo de todo o ano. Así o explicaron esta mañá en Vigo Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG); Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG); Xaime Arias director de proxección social da CRTVG e Darío Gil Arias, fillo da homenaxeada.

Ramon Pineiro

O Consello da Cultura Galega olla cara á modernidade de Xela Arias na súa programación para o Día das Letras Galegas

Xela Arias (Lugo, 1962-Vigo, 2003) foi unha escritora extrema, de palabra tensa e contida que deixou tras de si un regueiro de poemas pero tamén de traducións ao galego. A pluralidade e a diversidade das que fixo gala na súa vida son as marcas de identidade que guían a programación do Consello da Cultura Galega para o Día das Letras Galegas. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, xunto coa secretaria, Dolores Vilavedra, e o fillo de Xela Arias, Darío Gil, presentaron en rolda de prensa un programa de actividades que está na liña conceptual da homenaxeada. O CCG fixo publico o espazo web que dará acubillo ás diferentes iniciativas que arrincarán cun acto o Día da Poesía e que incluirán, entre outros contidos, o Concerto das Letras Galegas, que terá lugar o 16 de maio a cargo Laura LaMontagne e PicoAmperio.

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA FUNDE A POÉTICA DE XELA ARIAS COA DAS NOVAS VOCES NO DÍA DA POESÍA

O Consello da Cultura Galega funde a poética de Xela Arias coa das novas voces no Día da Poesía

Este domingo 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o Consello da Cultura Galega (CCG) presenta “O equilibrio dos extremos”, un recital que pon en diálogo a obra poética de Xela Arias (Sarria,1962-Vigo, 2003), homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, coa das novas xeracións de poetas. Nel, doce escritores e escritoras escollen un poema da autora de “Intempériome” que fan dialogar con outro que elaboraron expresamente para a ocasión. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, destacou que “é unha sorte de festa poética que por mor das circunstancias actuáis sería complicado realizar con público e que levamos á rede para darlle unha maior difusión”. Está acompañado dunha videocreación elaborada pola produtora Miramemira a partir das novas obras creadas para este recital.