Especiais
#odeportegalegofalagalego

Dezaoito deportistas de elite fálannos nestes vídeos do uso da lingua galega no seu ámbito de competición. Desde a experiencia persoal, comparten con nós reflexións, demandas e compromisos, como referentes e símbolos sociais que son.
Nunha peza colectiva e en mensaxes individuais, demóstrannos a fortaleza de que o deporte galego fale galego. Agardamos que esta iniciativa, desenvolvida no marco dos XX Encontros para a Normalización Lingüística, contribúa ao reforzo da nosa identidade colectiva do xeito en que o fan os éxitos deportivos.


20 Encontros

Vinte edicións e centos de momentos para non esquecer. A selección que che ofrecemos agora recolle algúns deles, na vontade de conmemorar unha cita tan especial para o CDSG.
Os Encontros son debate, reflexión, estudo, propostas... desde todas as perspectivas e sobre calquera ámbito social. Vinte relatorios, un por Encontro, poñen voz a tanto xeneroso traballo colectivo a prol do uso da nosa lingua.