Centenario de Emilia Pardo Bazán

Centenario de Emilia Pardo Bazán

En 2021 celebramos o centenario da morte dunha das escritoras máis significativas da literatura e da cultura modernas: Emilia Pardo Bazán. Con tal motivo, o CCG promoverá diversas actividades, publicacións e proxectos ao redor da súa figura.

O punto de partida é o epistolario da escritora, custodiado no Arquivo da Real Academia Galega.





Unha muller poliédrica



Moitos son os adxectivos aplicables a esta muller anticipada ao seu tempo que tiña a capacidade de non pasar inadvertida: escritora e xornalista prolífica, viaxeira infatigable, cosmopolita, políglota, feminista... Criticada por uns e admirada por outros, dona Emilia é pioneira en case todo. No Álbum de Galicia pódese consultar a súa biografía.


Emilia Pardo Bazán e Galicia



Nesta conferencia preparada para o Segundo congreso Internacional "Irmandades da fala. Cultura e política na España de entreguerras", a recoñecida historiadora Isabel Burdiel, biógrafa de Emilia Pardo Bazán, introdúcese na visión que a escritora tiña do rexionalismo e do galeguismo.



Na mesa redonda "Alianzas entre mulleres dentro e fóra do cárcere", realizada dentro do ciclo "O mundo do porvir: bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte (1820-2020)" , a profesora Pilar García Negro explora os vínculos entre catro mulleres destacadas do século XIX: Concepción Arenal Ponte con Juana de Vega, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán (a partir do minuto 41).

Unha ollada á correspondencia de Dona Emilia



O fondo epistolar que se presenta consta de 156 cartas enviadas e recibidas entre os anos 1879 e 1917, atesouradas no arquivo da Real Academia Galega. Nela podemos coñecer cartas con destacados intelectuais, na planificación das torres de Meirás, coa súa amiga Carmen Miranda ou mesmo borradores de cartas ao rei Afonso XIII.


Un monográfico sobre Emilia Pardo Bazán na Festa da palabra silenciada



En 1989, a emblemática revista feminista Festa da palabra silenciada dedicou o seu número 6 de maneira monográfica á figura de Emilia Pardo Bazán. No número participaron figuras como Marina Mayoral, Camiño Noia, Encarna Otero, Pilar García Negro, Marilar Aleixandre ou María Xosé Queizán, entre moitas outras. Podes descargar o exemplar en A Saia, o arquivo de publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+ do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF).


A muller do porvir

Presentamos unha fermosa lectura dramatizada do texto "As mulleres do porvir", co que o CCG quería homenaxear á pensadora Concepción Arena e á actriz, directora e dramaturga Dorotea Bárcena. Pero neste texto dramático, Bárcena sitou en diálogo a Concepción Arenal con outras grandes figuras do seu tempo: Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.




O congreso

O Consello da Cultura Galega participa no congreso internacional "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois", organizado pola Real Academia Galega, acollendo na súa sede unha das xornadas do evento.