3. In situ: Cascos históricos

Coordinados por Rebeca Blanco e Teresa Nieto, estes encontros tiñan como obxectivo reflexionar arredor de tres temáticas que afectan á xestión dos conxuntos históricos en Galicia: a patrimonialización dos conxuntos históricos e a participación cidadá neste proceso e na toma de decisións que lles afectan; a ordenación, a relación coa cidade e o plan especial como instrumento e, finalmente, a rehabilitación física e social dos conxuntos históricos, as políticas públicas e o fomento. Para isto, leváronse a cabo tres encontros nas cidades de Vigo, Ferrol e Ourense que nos permitiron analizar a xestión en catro cascos históricos galegos (Vigo, Ferrol, Ribadavia e Ourense). Como remate deste ciclo in situ Santiago de Compostela acolleu unha xornada de peche e reflexión na que se puxeron enriba da mesa as circunstancias particulares das actuacións nas diferentes cidades, problemáticas e cuestións a abordar no futuro inminente. Xunto a Rebeca Blanco Rotea e Teresa Nieto participaron Antonio Alonso Fernández, Nuria Campos Díaz, Alfonso Díaz Revilla, Mónica López Álvarez, Ignacio Mendizábal Ferreiro, Josó Antonio Padrón, Miguel Reimúndez González, Adolfo Rodríguez de la Rúa, Xosé Manuel Santos Solla, Manuel Bragado, Alfonso Ramos Covelo e Ana Fernández

O CASCO VELLO DE VIGO

A memoria, a relación coa cidade e as intervencións públicas na rexeneración urbana

Martes, 25 de setembro de 2018

Evento

FERROL VELLO E A MADALENA

As estratexias de recuperación patrimonial, rehabilitación e rexeneración urbana

Mércores, 31 de outubro de 2018

Evento

OS CASCOS HISTÓRICOS DE OURENSE E RIBADAVIA

O planeamento especial visto a través de 20 anos de experiencia na xestión patrimonial

Martes, 27 de novembro de 2018

Evento

MEMORIA, CIDADANÍA, REHABILITACIÓN URBANO E XESTIÓN PATRIMONIAL

A debate en Santiago de Compostela

Martes, 26 de febreiro de 2019

Evento