5. Novas tecnoloxías para ver o patrimonio con outra ollada
Realizáronse unha serie de encontros arredor de temáticas innovadoras, caracterizados polo emprego de novas tecnoloxías e a presentación de enfoques interdisciplinares como ferramentas de traballo. Estes proxectos están reformulando o noso coñecemento en distintas materias en Galicia, entre eles a arquitectura eclesiástica altomedieval (Proxecto Emchahe), a conquista romana do Noroeste peninsular (Romanarmy.eu) ou as inscricións romanas da provincia de Ourense (Epigraphica 3.0). Todos amosan un denominador común: un importante esforzo pola divulgación e socialización do patrimonio. Nese sentido, o festival e rutas Monumenta é un dos exemplos máis interesantes, polo seu carácter participativo coa cidadanía.
O PROXECTO EMCHAHE
Arqueoloxía das igrexas altomedievais en Galicia
Xoves, 17 de marzo de 2016
Evento
ROMANARMY.EU
Unha xanela aberta ao estudo e á divulgación da presenza militar
romana no noroeste peninsular
Xoves, 12 de maio de 2016
Evento
MONUMENTA
Festival de rutas ao redor do Patrimonio
Martes, 15 de novembro de 2016
Evento
EPIGRAPHICA 3.0
Novos paradigmas
Martes, 2 de xullo de 2019
Evento