6. Novos proxectos de musealización e divulgación do patrimonio

No ciclo Encontros monográficos co patrimonio cultural presentáronse dous proxectos de musealización/divulgación do patrimonio, con formatos diferentes, que tiveron unha altísima participación de público, o cal mostra non só o interese que a cidadanía ten en participar neste tipo de proxectos, senón en coñecer tamén como estes se articulan. Esta atención fai que teñamos que facer unha aposta no futuro por seguir divulgando e dando espazo a este tipo de iniciativas que concitan o interese da cidadanía. O primeiro proxecto fálanos da ampliación do Museo das Peregrinacións e de Santiago e a instalación da exposición permanente na nova sede da Praza de Praterías. Logo da presentación institucional de Iago Seara, Rebeca Blanco Rotea e María del Carmen Martínez Insua, a intervención de Bieito Pérez Outeiriño permitiu coñecer a parte teórica previa que concluíu na execución do proxecto de montaxe, pasando pola elaboración do discurso museolóxico e o deseño dunha linguaxe expositiva. Fíxose fincapé nas directrices seguidas no proceso de definición do novo museo e tamén da nova exposición permanente, que figuran recollidas no Plan Museolóxico e nos distintos programas e proxectos que o desenvolven. O segundo proxecto centrouse na colección arqueolóxica da metalurxia na Idade do Bronce da Universidade de Santiago de Compostela. Neste caso, ademais do vídeos das intervencións de Xosé Lois Armada, Yolanda Tenreiro, Beatriz Comendador, Rebeca Blanco Rotea e Antoni Nicolau, poderás acceder ao enlace do Catálogo da exposición Cinco vidas, unha historia. A metalurxia do Bronce Final na colección arqueolóxica da USC, organizada polo Incipit - CSIC.

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS

A ampliación do Museo das Peregrinacións e de Santiago e a instalación da Exposición Permanente na nova sede da Praza das Praterias

Venres, 8 de abril de 2016

Evento

ABRINDO VITRINAS

A metalurxia do Bronce Final na colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela

Martes, 21 de maio de 2019

Evento