• slidebg1
    HISTORIAS DE IDA E VOLTA
    De Galicia a América: A chegada a un novo mundo

De Galicia a América: A chegada a un novo mundo

Dende finais do século XIX e ata mediados do século XX, os galegos e galegas emigraron masivamente cara aos novos países americanos en proceso de industrialización (Cuba, Arxentina, Uruguai, Brasil e mesmo Estados Unidos). A súa emerxente economía, baseada na explotación dos recursos naturais e o desenvolvemento dunha nacente industrialización, precisaba abundante man de obra. Estes países promulgaron leis que propiciaban a chegada de inmigrantes, coas que pretendían poboar amplos territorios baleiros; pero a gran maioría dos galegos e galegas preferiron asentarse nas nacentes cidades, dedicados ao sector servizos, onde percibían máis posibilidades de mellorar laboral e socialmente, e mesmo chegaron a crear pequenas empresas, normalmente familiares. Esta última estratexia facía máis doada a acumulación de aforros e o retorno.

Outro dos factores para a saída masiva dos galegos e galegas cara ao novo mundo foi a influencia das cadeas migratorias: as redes familiares ou de amizade e veciñanza tiñan moita importancia á hora de que unha persoa quixese emigrar e tamén na elección do país de destino. Saber que ao chegar ían contar cun traballo ou axuda para atopalo foi un factor clave. A presenza galega foi esencial para a construción e modernización destes países de acollida.

COLABORA CON ESTE PROXECTO

Entrada na baía da Habana, ca. 1948.
O porto da Habana a comezos do século XX.
Entrada ao Campamento de Triscornia (A Habana)
Libro de rexistro dos emigrantes que eran trasladados a Triscornia, ca. 1919
Retrato de ida e volta
Certificado de nacionalidade, 1918
Chegada de inmigrantes ao porto de Bos Aires, ca. 1908
Hotel de Inmigrantes no porto de Bos Aires, ca. 1920
Inmigrantes no Hotel de Inmigrantes, Bos Aires, ca . 1900
Comedor do Hotel de Inmigrantes en Bos Aires (Arxentina)
Cédula de nacionalidade dun emigrante galego residente na Arxentina. Bos Aires, 1929
Recordando a viaxe, ca. 1922
Porto de Montevideo, c.1900
Edificio da aduana do porto de Montevideo, ca. 1920
O Lazareto da Illa de Flores, ca. 1910
Cédula de nacionalidade, 1933
Panorámica da cidade de Río de Xaneiro co porto ao fondo, ca. 1900
Hospedaría de Inmigrantes do Estado de São Paulo, ca.1911
Ficha de inscrición de nacionalidade, Brasil, 1928
Estación de inmigración de Ellis Island, Nova York
Sala de rexistro de Ellis Island, Nova York, 1910
Control de inmigración de Ellis Island, 1910

Axúdanos a recuperar o patrimonio documental

Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.

Erro: Comproba os campos!
Arquivo da Emigración Galega

Carolina García Borrazás: +0034 881 995 148
Teresa García Domínguez: +0034 881 995 143
aemigracion@consellodacultura.gal


As imaxes e documentos que aquí se expoñen forman parte do patrimonio fotográfico e documental que se conserva e salvagarda no Arquivo da Emigración Galega. Moitos deles proceden de coleccións particulares que a cidadanía puxo á disposición da sociedade a través do Consello da Cultura Galega; teñen un gran valor informativo e incrementan o coñecemento sobre os procesos migratorios en Galicia.

Instrucións para colaborar

Traballando en América

Ver seguinte