• slidebg1
    HISTORIAS DE IDA E VOLTA
    Traballando en América

Traballando en América

A inmensa maioría das persoas que decidiron emigrar de Galicia cara a América procedían do mundo rural. Ao chegaren aos países de destino, lonxe de instalarse no campo, acabaron aveciñándose nas emerxentes cidades, que lles ofrecían maiores posibilidades de emprego e obter beneficios económicos a curto prazo. Dado o seu escaso nivel de formación, a maior parte desempeñou traballos pouco cualificados: operarios da construción, limpadores, fogueiros nos ferrocarrís, cargadores nos peiraos, choferes ou empregados no servizo doméstico, sen esquecer aqueles que seguiron preferindo o mar como medio de subsistencia. Destacaron no pequeno comercio de alimentación e na hostalaría, sendo habitual que os seus negocios familiares pasasen ás mans dos fillos ou sobriños reclamados á terra, retroalimentando deste xeito o proceso migratorio.
O obxectivo común era mellorar as súas condicións de vida e axudar as familias que permanecían en Galicia, pero non todos o lograron. A gran maioría viviu modestamente e algúns acadaron o éxito nos seus negocios, co conseguinte ascenso na escala social e económica.
Nesta ocasión amosamos algúns oficios desempeñados principalmente por homes. A muller galega tamén foi protagonista no fenómeno da emigración, realizando diversas ocupacións, ás que dedicaremos un especial monográfico máis adiante.

COLABORA CON ESTE PROXECTO

Bar propiedade de Eduardo Vázquez Meiriño, emigrante galego afincado na Arxentina, ca. 1940
Xoiería e reloxería do galego José Costa en Bos Aires, 1911
Anuncio de “La Nacional”, fábrica de produtos de talabartaría de Casimiro Gómez en Arxentina, ca. 1905
Comercio de telas propiedade do empresario Sandalio Alonso de la Riva, Bos Aires, ca. 1940
O emigrante Constantino Gallego cos seus compañerios da empresa de tranvías de Bos Aires, ca.1910
Ferraxería Casteleiro y Vizoso, A Habana, 1919
Bodega propiedade do ribadense Jesús Maseda, anos 20.
Emigrante galego traballador na fábrica de tabacos

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Pescadores galegos en Casablanca. Cuba, ca. 1925
Almacén e fábrica de Café “Novo Brazil”, en Bahia, ca. 1930
Interior do ultramarinos “Novo Brazil”, ca. 1930
Canteiros galegos traballando en Brasil, ca. 1910
Papelería “Suevia” en Montevideo, c. 1922
Cafetería-Bar “La Tempestad”, Montevideo, 1953

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Xastrería de Manuel Cendón en México, 1925
Carnicería
Obreiros galegos da Edison Portland Cement, Nova York, 1910
Anuncio dun negocio de hostalería do devesán Manuel Fernández López. Florida, ca. 1940

Axúdanos a recuperar o patrimonio documental

Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.

Erro: Comproba os campos!
Arquivo da Emigración Galega

Carolina García Borrazás: +0034 881 995 148
Teresa García Domínguez: +0034 881 995 143
aemigracion@consellodacultura.gal


As imaxes e documentos que aquí se expoñen forman parte do patrimonio fotográfico e documental que se conserva e salvagarda no Arquivo da Emigración Galega. Moitos deles proceden de coleccións particulares que a cidadanía puxo á disposición da sociedade a través do Consello da Cultura Galega; teñen un gran valor informativo e incrementan o coñecemento sobre os procesos migratorios en Galicia.

Instrucións para colaborar

Vida social e tempo de lecer

Ver seguinte