• slidebg1
    HISTORIAS DE IDA E VOLTA
    Mulleres galegas na emigración

Mulleres galegas na emigración

O papel que a muller galega desempeñou no fenómeno migratorio do noso país é algo incuestionable. A emigración provocou numerosas transformacións na familia tradicional: as chamadas por Rosalía de Castro "viúvas de vivos" permanecen no país como responsables da economía familiar, do fogar e dos fillos, ... pero tamén están as mulleres que emigran cara a outros países en busca dunha vida mellor e se atopan con numerosas dificultades na súa integración, non só como inmigrantes senón tamén por problemas engadidos á súa condición de xénero.
No século XX a presenza feminina vaise incorporando gradualmente ao proceso migratorio. Emigran nas primeiras etapas reclamadas polos maridos, pais ou irmáns, e pouco a pouco a marcha vaise individualizando polas súas propias circunstancias persoais. Funcionan as "cadeas migratorias" e o reagrupamento familiar; non hai que esquecer que a muller se quería emigrar tiña que contar co consentimento paterno ou do cónxuxe.
Unha vez nos países de acollida, as galegas, debido ao seu escaso nivel cultural e profesional, empregáronse nos niveis máis baixos da escala laboral: no servizo doméstico, nos postos menos cualificados das fábricas, na hostalaría, no comercio e nos negocios familiares.
Pero coa emigración tamén tiveron a oportunidade de lograr a súa independencia, formarse, criar e educar os seus fillos nunhas sociedades máis modernas e abertas. E convertéronse en transmisoras da cultura galega e do amor a súa terra para as novas xeracións de galegas e galegos da diáspora.

COLABORA CON ESTE PROXECTO

Portada de <i>Almanaque Gallego</i>, publicado por Manuel Castro López en Arxentina, Bos Aires, 1901
Emigrante galega coidando duns nenos nun parque, Madrid, 1910

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Retrato dunha emigrante galega en Nova York enviado á súa nai, 30 de maio de 1924
Comité de damas da sociedade benéfica e de instrución Liga Santaballesa da Habana, ca. 1930
As irmás Marcote Marcote, emigrantes galegas en Uruguai, Montevideo, 1930
Cartel da película <i>Cándida</i>, dirixida por Luis Bayón Herrera e protagonizada pola actriz arxentina Niní Marshall, 1939
Emilia Blanco, emigrante ourensá, coa súa familia en Salvador de Bahia, 22 de abril de 1943
Mestra e alumnas do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, ca. 1945
Lectura dramatizada da obra teatral de Alfonso Castelao <i>Os vellos non deben de namorarse</i>, Bos Aires, 7 de xuño de 1960
Traballadoras dunha fábrica de IPUSA durante unha visita dos xefes e investidores, Pando (Montevideo), ca. 1948
Concepción Pazos Álvarez, emigrante da Estrada, cos seus alumnos no colexio Madrid, México D. F., 1954
Carné de socia de Hijas de Galicia de Elsa Blanco Martínez, habaneira filla de galegos, A Habana, 1957
Carmen Borrazás Landeira e María Paradela Cancela paseando por Caracas, ca. 1965
Mª Angélica Domínguez Bujeiro paseando coa súa filla e a súa sobriña, polas rúas de Chimbote (Perú), maio de 1970
Emigrantes galegas nas cociñas do Restaurante Baron de la Mouette, Zürich (Suíza), ca. 1965

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Carmen Martínez Rey na fábrica de metalurxia onde traballaba en Alemaña, ca. 1970
Palmira Rey Asenso (primeira pola dereita) cunhas compañeiras nun descanso laboral, Solingen (Alemaña), 1975
Mercedes Pérez Payo traballando de modista en Suíza, Lausana, 1978

Axúdanos a recuperar o patrimonio documental

Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.

Erro: Comproba os campos!
Arquivo da Emigración Galega

Carolina García Borrazás: +0034 881 995 148
Teresa García Domínguez: +0034 881 995 143
aemigracion@consellodacultura.gal


As imaxes e documentos que aquí se expoñen forman parte do patrimonio fotográfico e documental que se conserva e salvagarda no Arquivo da Emigración Galega. Moitos deles proceden de coleccións particulares que a cidadanía puxo á disposición da sociedade a través do Consello da Cultura Galega; teñen un gran valor informativo e incrementan o coñecemento sobre os procesos migratorios en Galicia.

Instrucións para colaborar

As iniciativas educativas da emigración galega

Ver seguinte