• slidebg1
    HISTORIAS DE IDA E VOLTA
    Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Ningún visitante da Habana queda indiferente ante a visión do magnífico edificio do antigo Centro Gallego de La Habana, símbolo do poderío e da grandeza que acadou a colectividade galega na illa ao longo dos séculos XIX e XX. Pero a grandeza dos nosos emigrantes na illa non foi só a súa construción senón tamén as decisións que foron aprobadas polos seus socios.
Foi creado en 1879 e ata o ano da súa desaparición como asociación en 1960, o Centro Galego levou a cabo un intenso labor educativo, a prol da alfabetización e formación dos seus socios e despois de toda a poboación habaneira, coa creación do Plantel educativo Concepción Arenal. Tamén destacou no ámbito hospitalario e asistencial, sendo propietario dunha das máis importantes organizacións sanitarias da illa, La Benéfica. Que dicir de todas as medidas tomadas para mellorar a vida cotiá dos galegos residentes na illa caribeña.
Con este especial preténdese difundir eses logros e lembrar o seu pasado como máximo referente da colectividade galega residente en Cuba, sen esquecer aos galegos e descendentes que alí viven e manteñen a pegada da cultura galega na illa.

COLABORA CON ESTE PROXECTO

Retrato de Waldo Álvarez Insua, director de <cite>El Eco de Galicia</cite> da Habana (c. 1879)
A primeira sede do Centro Galego da Habana, en Padro y Dragones (c. 1880)
D. Nicolás Villageliú foi o primeiro presidente do Centro Galego da Habana (c. 1879)

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Clase de inglés nunha aula do Plantel Concepción Arenal (5 de novembro de 1924)
Grupo de alumnos do Plantel Concepción Arenal (1923)
Clase de labores do Plantel Concepción Arenal (Curso 1944-45)
Casa saúde La Benéfica 1906
Pavillóns de labores médicas e cura de enfermos de La Benéfica (1907).
Sala de intervencións cirúrxicas do sanatorio La Benéfica (1907)

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Caixa de Aforros dos socios do Centro Galego da Habana (1906)
Palacio do Centro Gallego de La Habana (1907-1914)
Interior do Teatro Tacón
Salón de baile do Centro Galego da Habana (c. 1914)
Outro modelo de carné de socio (1940)
Recibo de pagamento do cota de socio do Centro Galego (1948)
Reverso do recibo de pagamento da cota de socio (1948)
Sede da Delegación do Centro Galego da Habana en Cárdenas (1907)
Presidentes de varias delegacións do Centro Galego da Habana (c. 1909)
Pavillón do Centro Galego da Habana na Exposición Regional Gallega, 1909.
O Centro Galego da Habana no novo milenio

Axúdanos a recuperar o patrimonio documental

Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.

Erro: Comproba os campos!
Arquivo da Emigración Galega

Carolina García Borrazás: +0034 881 995 148
Teresa García Domínguez: +0034 881 995 143
aemigracion@consellodacultura.gal


As imaxes e documentos que aquí se expoñen forman parte do patrimonio fotográfico e documental que se conserva e salvagarda no Arquivo da Emigración Galega. Moitos deles proceden de coleccións particulares que a cidadanía puxo á disposición da sociedade a través do Consello da Cultura Galega; teñen un gran valor informativo e incrementan o coñecemento sobre os procesos migratorios en Galicia.

Instrucións para colaborar

De Galicia a América: A chegada a un novo mundo

Ver seguinte