Recursos sobre a Lingua Galega
PRINCIPAIS SITIOS WEB DE INTERESE
- A Mesa pola Normalización Lingüística
Plataforma independente que ten como obxectivo a reivindicación e promoción do uso da lingua galega en todos os ámbitos sociais. Organiza campañas de sensibilización e reivindicación, asesoramento e colaboración con outras entidades que perseguen os mesmos fins.
- ALINGUA. Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega
Asociación que traballa na dinamización da lingua galega a través da cooperación de entidades do ámbito local.
- Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Entidade oficial que reúne máis de 415 escritores e escritoras da literatura galega en todas as súas manifestacións: poesía, narrativa, teatro, ensaio, escrita científica, traducións...
- Bibliografía Informatizada da Lingua Galega
Base de datos en liña con información bibliográfica sobre traballos de investigación ou divulgación sobre a lingua galega elaborada no seo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
Entidade que se dedica á compilación, clasificación e difusión de documentación especializada en sociolingüística galega e doutras linguas minorizadas.
- Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Centro que se dedica á promoción e apoio á investigación nas áreas de literatura, lingua galega, tradución, documentación bibliográfica, ciencias sociais...
- Consello da Cultura Galega
Organismo estatutario con personalidade xurídica propia ao que lle compete a defensa e promoción dos valores culturais e lingüísticos do pobo galego. Desenvolve estes obxectivos a través do asesoramento, formación e investigación en todas as áreas que caracterizan o noso patrimonio cultural.
- Culturagalega.org
Portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega con información e recursos sobre actualidade e lingua galega.
- Cursos Celga en liña. Niveis Celga 1, 2, 3 e 4
Cursos de galego en liña destinados á autoaprendizaxe, dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (A2, B1, B2 e C1 do Marco europeo común de referencia para as linguas).
- Dicionario da Real Academia Galega
Dicionario de lingua galega en liña editado pola RAG que contén arredor de 60 000 entradas.
- Instituto da Lingua Galega
Centro de investigación, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, especializado no estudo científico da lingua galega. Tamén desenvolve actividades docentes e formativas; asesoramento técnico a institucións e a persoas relacionadas coa normalización lingüística e promoción e defensa do galego.
- Instituto Galego de Estatística (2019): Enquisa estrutural a fogares 2018. Coñecemento e uso do galego.
Enquisa sobre os usos lingüística da poboación en Galicia.
- Lexislación da lingua galega
Compilación da lexislación lingüística relacionada co galego.
- Portal das Palabras
Espazo web, promovido pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, para a difusión do léxico galego.
- Real Academia Galega
Institución científica que ten como obxectivo o estudo da cultura galega e en especial a ilustración, defensa e promoción do idioma galego.
- Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Organismo adscrito á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia que ten como obxectivo a promoción e ensino da lingua galega.
- Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (2018): Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992-2016, A Coruña, Real Academia Galega.
Descrición da situación sociolingüística en Galicia, baseada en diferentes parámetros (lingua materna, lingua habitual, competencia lingüística, actitudes lingüísticas...) durante o período 1992-2016.
<Volver