O GALEGO HOXE
A comunidade lingüística galega está formada por falantes que residen nos territorios onde historicamente se fala o idioma galego, dentro das fronteiras da rexión de Galicia, xunto con outras pequenas colectividades situadas fóra destas. Caracterízase por ser unha comunidade que se desenvolve nun contexto de contacto lingüístico, tanto dentro como fóra dos seus límites, no que conviven dúas linguas: galego e castelán. A información que se presenta extráese da Enquisa Estrutural a Fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE).
Unha descrición pormenorizada dunha situación sociolingüística fundaméntase nunha serie de variables esenciais. Podemos considerar que as básicas son a «lingua inicial» (a lingua ou linguas nas que as persoas aprenden a falar), a «lingua habitual» (a lingua ou linguas nas que as persoas falan normalmente), as «competencias lingüísticas» (a capacidade que teñen os falantes para entender, falar, ler e escribir) e as «actitudes lingüísticas» (as ideas e opinións que teñen os falantes sobre as linguas). A continuación, ofrécese unha descrición básica da situación sociolingüística de Galicia atendendo a estes parámetros.
- Lingua inicial
- Lingua habitual
- Competencias lingüísticas
- Actitudes lingüísticas
- Bibliografía sociolingüística