1. ENCONTROS

O eixo memoria, patrimonio e documentación articula os debates arredor dos arquivos nos que o acceso á cidadanía revelouse como un dos obxectivos prioritarios. No medio dixital esvaécense cada vez máis as diferenzas entre arquivos, bibliotecas e museos. Esa confluencia presenta moitas vantaxes tanto para os usuarios como para os propios centros involucrados na xestión e difusión cultural. Pero é obvio que ese proceso non deixa de constituír tamén un reto e un cambio profundo para uns e para outros. ao carón da integración que se produce entre os produtos da dixitalización dos fondos e coleccións analóxicos, o patrimonio cultural nacido dixital, creado nun mundo xa non rexido polo paradigma da custodia en centros físicos, formula novas e interesantes cuestións desde puntos de vista tan diversos como o da súa selección, adquisición, tratamento, acceso e preservación no tempo. Esta converxencia dixital e as posibilidades das novas ferramentas tecnolóxicas, a posta en valor dos fondos documentais, a importancia do patrimonio sonoro, a colaboración entre institucións públicas e privadas, o patrimonio compartido e a perspectiva de xénero foron algún dos temas analizados en encontros realizados no Consello da Cultura Galega con ampla participación de público e debates sobre a orientación futura dos arquivos e institucións da memoria.

OS ARQUIVOS SONOROS:

MEMORIA E PATRIMONIO

5 e 6 de febreiro de 2020

Evento

DIXITALIZACIÓN DE ARQUIVOS

TENDENCIAS, PROCESOS E PLANS DE EXECUCIÓN

Xoves, 15 de xuño de 2017

Evento

O PATRIMONIO COMPARTIDO?

COLABORACIÓN ABERTA E INSTITUCIÓNS DA MEMORIA

Mércores 10 e xoves 11 de maio de 2017

Evento

CONVERXENCIA DIXITAL DAS INSTITUCIÓNS DA MEMORIA

6 e 7 de maio de 2015

Evento

ARQUIVOS PÚBLICOS E PERSPECTIVA DE XÉNERO

ESTADO DA CUESTIÓN DESDE GALICIA

8 de xuño de 2017

Evento

A SAIA

HEMEROTECA FEMINISTA GALEGA

Martes, 2 de decembro de 2014

Evento

Xénero e documentación II

A recuperación da memoria do Movemento Feminista

Mércores, 27 de xuño de 2012

Evento

XÉNERO E DOCUMENTACIÓN

Do 21 ao 22 de xuño de 2007

Evento

OS ARQUIVOS E O PATRIMONIO DOCUMENTAL DE GALICIA:

MEMORIA PÚBLICA, MEMORIA PRIVADA, MEMORIA SOCIAL

22 e 23 de novembro de 2012

Evento

V ENCONTRO O SON DA MEMORIA

As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital en rede

Evento

OLGA GALLEGO DOMÍNGUEZ

Xoves, 27 de outubro de 2011

Evento