Os profetas do Pórtico e a cultura galega
Unha viaxe que non cesa

As controvertidas esculturas do Pórtico da Gloria reclamadas á familia Franco levan máis dun século a ser reivindicadas pola cultura do país. Explora, a través desta documentación histórica, a dilatada biografía destas obras maxistrais ata o seu traslado ao Pazo de Meirás, residencia estival do ditador.
Ampliar

Episodios

1909

As esculturas de Enoc, Elías e Santiago miles Christi na Exposición Rexional Galega

1928

As esculturas do Mestre Mateo e o Seminario de Estudos Galegos

1936

O Pórtico da Gloria en tempos de guerra

1946

Bouza-Brey propón que o Museo Arqueolóxico Nacional adquira as esculturas

1948

O concello de Santiago adquire as esculturas de Ezequiel e Xeremías

1948

Retirada das esculturas do Mestre Mateo do Museo da Catedral de Santiago

1954

A condesa de Ximonde ofrécese a vender as esculturas do Mestre Mateo

1954

O Ano Santo no que se decide o traslado das esculturas do Concello de Santiago ao Pazo de Meirás

1961

Fraude no catálogo da exposición do Románico

1964

Historia dunha familia: Os Blanco-Cicerón e o patrimonio

1978

Incendio no pazo de Meirás

Os protagonistas


Francisco Prado-Vilar

Francisco Prado-Vilar

O autor

Perfil na Universidade de Harvard
Francisco Prado-Vilar é director de Proxectos no Real Colexio Complutense de Harvard e director científico do Programa A.W. Mellon para o Pórtico da Gloria. Foi membro e coordinador do comité científico da restauración do Pórtico da Gloria desde os seus inicios en 2008. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario de Licenciatura, tras o cal obtivo os títulos de Máster e Doutoramento pola Universidade de Harvard. Posteriormente exerceu postos investigadores e docentes nas universidades de Princeton, Londres, Complutense e máis recentemente Stanford, onde foi Burke Visiting Professor. Foi membro fundador do Comité do Selo de Patrimonio Europeo da UE, do que agora é asesor (Heritage Label amb.). Entre as bolsas e premios internacionais que obtivo, cómpre destacar: bolsa Charles Elliot Norton, bolsa A.W. Mellon, bolsa Cotsen/Society of Fellows Princeton, dúas bolsas Aga Khan e Premio de Harvard á Excelencia no Ensino. En breve publicarase o primeiro volume dos estudos do proxecto do Pórtico da Gloria, co título “O Pórtico da Gloria: Arquitectura, materia e visión”, no que se inclúe a primeira reconstrución completa da fachada mateana da Catedral de Santiago coa restitución de todas as esculturas coñecidas aos seus lugares orixinais.

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +