Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa

1948: Retirada das esculturas do Mestre Mateo do museo da catedral de Santiago

As esculturas na Granxa "El Baliño".
Fondo: Real Academia de Belas Artes de San Fernando (esquerda) / Arquivo Xeral da Administración (dereita).

Un mes despois de completar a venda dos profetas ofrecidos ao Concello de Santiago, o conde de Ximonde decidiu enviar uns operarios para retirar do Museo Diocesano as tres esculturas que permanecían alí en depósito, dados os problemas que esa situación significaba para a súa venda. Cando Manuel Chamoso Lamas, comisario da Primeira Zona de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional, tivo coñecemento deste suceso e dado que tiña baixo a súa responsabilidade “la vigilancia de la conservación de tales piezas del Patrimonio Artístico Nacional, aunque de propiedad particular”, envioulle unha carta a Sarmiento Garra para determinar o destino das esculturas.

Esta misiva e as comunicacións que seguen coas autoridades centrais de Madrid son documentos excepcionais xa que Chamoso resume a lexislación vixente relativa a “piezas procedentes de un Monumento Nacional del que formaron unidad” sobre “las que el Estado se reserva la preferencia en su adquisición y el control de su existencia y conservación”. Ante a falta de resposta por parte do alcalde, Chamoso denunciou os feitos á Comisaría Xeral de Madrid, quen mobilizou a policía a través do gobernador civil da Coruña. Finalmente chegou unha notificación que informaba de que as esculturas se atopaban no predio “O Baliño”, pertencente ao sogro do alcalde, o médico Héctor Sieiro de la Riva.

A pesar de que Chamoso menciona catro esculturas, as pezas retiradas son tres, como se aprecia nas dúas fotos tomadas con probabilidade no predio “O Baliño” (nunha delas vese o flanco esquerdo da escultura de Santiago miles Christi).

Documentos

Carta de Manuel Chamoso Lamas a Joaquín Sarmiento

[Carta mecanografada]

Ver ligazón
Carta de Manuel Chamoso Lamas ao Comisario General do Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional

Carta de Manuel Chamoso Lamas ao Comisario General do Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional

[Carta mecanografada]
Arquivo de Galicia
Ampliar información

Oficio do Comisario Xeral do Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional comunicando ao Comisario da 1ª Zona a información, trasladada polo Gobernador Civil da Coruña, sobre a localización de catro esculturas do Pórtico da Gloria

[Documento mecanografado e autografado]

Ver ligazón
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +