1954: A condesa de Ximonde ofrécese a vender as esculturas do Mestre Mateo



O cinco de marzo de 1954, María Concepción Carrasco Verde, condesa de Ximonde, escríbelle a Chamoso Lamas coa intención de vender as esculturas dos profetas do Mestre Mateo que quedaban na súa posesión e que foran ofrecidas ao Estado cinco anos atrás, sen que se producise daquela unha resolución a esa oferta.

Chamoso contéstalle á condesa agradecido xa que hai un “enorme” interese en adquirilas “para evitar que salgan de Galicia”. Ese mesmo día envíalle unha carta a Francisco Javier Sánchez Cantón na que lle informa dos avatares sufridos pola colección completa das esculturas procedentes da desmantelada fachada mateana que pertencían ao conde de Ximonde. O comisario menciona os episodios do intento de venda ao Museo Arqueolóxico Nacional, a súa retirada do Museo da Catedral e o envío da policía para fixar a súa localización, e a adquisición de dúas delas polo Concello de Santiago, “quedando ahora solamente dos para adquirir”.

Conclúe Chamoso dicindo que xa lle escribiu ao comisario xeral de zona, Francisco Íñiguez Almech, para determinar en que situación quedara o intento de venda ao Estado, e que falará con Filgueira Valverde xa que o Museo de Pontevedra podería ser o seu destino final para evitar “que se nos vayan de Galicia las dos piezas”.

Reiniciouse así o proceso de compra por parte do Estado que culminará en novembro de 1956 e que está detallado nos informes incluídos no Expediente de Adquisición conservado nos fondos da Dirección Xeral de Belas Artes.

Compleméntase esta documentación coa do arquivo do Museo de Pontevedra, onde se atopa o certificado de depósito das esculturas. Entraron na sección arqueolóxica, con sede nas ruínas de San Domingos o 6 de setembro de 1955, como paso previo á súa compra polo Estado. O contrato coa Administración asinouse en 1956.

Documentos

Carta de Manuel Chamoso Lamas a María de la Concepción Carrasco y Verde

[Carta mecanografada]

Ver ligazón
Carta de Manuel Chamoso Lamas a Francisco Sánchez Cantón

Carta de Manuel Chamoso Lamas a Francisco Sánchez Cantón

[Carta manuscrita]
Museo de Pontevedra
Ampliar información

Carta de Manuel Chamoso Lamas a María de la Concepción Carrasco y Verde

[Carta mecanografada]

Ver ligazón
Expediente de adquisición das esculturas dos profetas Enoc Elías pola Dirección Xeral de Belas Artes por 250.000 pesetas

Expediente de adquisición das esculturas dos profetas Enoc Elías pola Dirección Xeral de Belas Artes por 250.000 pesetas

[Conxunto de documentos mecanografados]
Fondo Direccion general de Bellas Artes. Archivo General de la Administración (AGA). Alcalá de henares
Ver documento

Carta de Manuel Chamoso Lamas a María de la Concepción Carrasco y Verde

[Carta mecanografada]

Ver ligazón
Entrega en depósito por parte de María Carrasco, condesa de Ximonde, de dúas esculturas de granito procedentes do Pazo de Ximonde

Entrega en depósito por parte de María Carrasco, condesa de Ximonde, de dúas esculturas de granito procedentes do Pazo de Ximonde

[Documento mecanografado e autografado en papel timbrado coa lenda Patronato del Museo de Pontevedra]
Museo de Pontevedra
Ver documento
Carta de Francisco Sánchez Cantón a Xosé Filgueira Valverde

Carta de Francisco Sánchez Cantón a Xosé Filgueira Valverde

[Carta manuscrita]
Museo de Pontevedra
Ampliar información
Expediente de compravenda de dúas esculturas pertencentes aos condes de Ximonde por parte do Padroado do Museo de Pontevedra

Expediente de compravenda de dúas esculturas pertencentes aos condes de Ximonde por parte do Padroado do Museo de Pontevedra

[Documento mecanografado e autografado]
Museo de Pontevedra
Ver documento
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +