Na voz da obra

Alba María dialoga con "Untitled #16 (serie Simulacrum)" de Damián Ucieda

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.




NA VOZ




Alba María
(Las Palmas de Gran Canaria, 1995) é unha filóloga,cantora, produtora e improvisadora oral galega.Inicia a súa formación musical no CMUS de Vigo, na especialidade de acordeón. Comeza unha carreira como compositora tras gañar o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco Aínda (2014). Fórmase como cantora na Escola de Música d’aCentral Folque desde 2013, con mestres e mestras coma Paulina Ceremuzynska, Ugia Pedreira ou Davide Salvado. En 2017 remata os estudos de Lingua e Literatura Galegas na USC con premio extraordinario de fin de carreira, e comeza a súa actividade n’aCentral Folque como produtora ou colaboradora arredor de proxectos que mesturan a oralidade coa igualdade de xénero (Hemisferios, Juana_Docencia, Das artes da fala), traballo social (Efecto Proximidade) ou patrimonio inmaterial (A rota das concertinas, é-Romance/é-brindo). Colabora co proxecto Regueifesta desde 2014, impartindo obradoiros de improvisación oral por toda Galicia. É unha das impulsoras da Nova Regueifa Feminista, que tenta levar os valores de igualdade de xénero á improvisación oral galega. Como investigadora ten publicado o libro-CD Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs Calviño de Tallo (aCentral Folque, 2017), un monográfico arredor deste xénero de improvisación. Actualmente forma parte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.

NA OBRA


Damián Ucieda
Untitled #16 (serie Simulacrum)
2007. FOTOGRAFÍA
Medidas: 80 x 100 cm
Fotografía cor



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +