Na voz da obra

Xisela Franco dialoga con Póster (Arte por comida) de Enrique Lista

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.




NA VOZ




Xisela Franco
Xisela Franco é cineasta e investigadora con ampla traxectoria no documental experimental, sempre indagando novos camiños que cuestionen a identidade do cinema para redefinilo. A súa formación académica iníciase como licenciada en Comunicación Audiovisual e posteriormente en Filosofía na UEM de Madrid, cidade na que reside 9 anos e na que funda súa productora Epojé Films que realiza documentais para TVE o Canal Historia, ao tempo que películas con vocación artística. Coa súa obra “Aadat” (2004, codirixida con Noé Rodríguez) sobre o Pobo Saharahui e recibe entre outros, o galardón “Ciudad de Madrid al Mejor Documental Español” no Festival Documenta Madrid, ou o Premio a Mejor Obra de Videoarte de Vitoria Gasteiz. Entre 2006 a 2010 trasládase a Canadá, becada pola Fundacion Caixa Galicia de Estudos de Postgrado e cursa un MFA en York University, supervisando a súa tesina o cineasta referente da da vanguardia canadiense Phil Hoffman. No Departamento de Cinema de York tamén imparte clases de Film Art como asistente do teórico do cinema canadiense John MCullough. Eses anos en Toronto conecta coa vibrante comunidade de cineastas e artistas canadienses.

En 2010 regresa a España e dirixe a serie de 13 documentais para TVG As Raíces da Industria Galega así como outros documentais de carácter social ou histórico, vertente que combina con traballos máis persoais ou experimentais. En 2015 gaña o premio de Producción ARTISTAS 2015 do Marco de Vigo e realiza a exposición individual "Interior, exterior, durante", un filme tríptico de oito horas que fala da combinacion maternidade-creación. En 2016 dirixe o proxecto o Cinema e Muller, con Beli Martínex como productora e financiado pola Diputaciòn de Pontevedra para visibilizar o cinema feito por mulleres en Galicia. O seu traballo máis artístico ten sido seleccionado en festivais como Dok Leipzig Film Festival, Montreal Underground Film Festival, Intermediaciones-Muestra de videoarte y cine experimental de Medellín, Festival Internacional de Cinema S8 de Curitiva, Playdoc de Tui, S8 (Mostra de Cinema Periférico, MICE (Mostra Internacional de Cinema ttnográfico), así como recibe premios en festivais como Curtocircuito ou Cinemística en Granada. Ten exposto en espazos da arte contemporánea como a Fundacion Luis Seoane, a Galería Atlántica, o Museo da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, no Auditorio de Galicia, ou na Casa das Artes de Vigo.

Actualmente é profesora asociada na Facultade de Belas Artes da UVIgo e colabora con diversos festivais de cinema da escea galega comisariando ciclos de cinema con perspectiva de xénero ou organizando mesas redondas ou talleres. Remata a súa teses doctoral sobre a intersección cinema-arte contemporáneo en Galicia, dirixida pola cineasta Margarita Ledo e a artista Mar Caldas.

http://www.xiselafranco.com/

A fotografía de Xisela Franco é de Uxía Soliño.

NA OBRA


Enrique Lista
Póster (Arte por comida)
2005. OBRA GRÁFICA, FOTOGRAFÍA, EDICIÓNS DE ARTISTA
Medidas: 100 x 70 cm
Impresión dixital. 100 x 70 cm.
Híbrido entre petición de limosna e obxecto de merchandising.
Un exemplar foi vendido polo importe equivalente a dez menús do día (nun establecemento próximo ó domicilo do autor). A galería quedou coa metade do valor-comida.
E.L.



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +