Na voz da obra

Niti Laíño dialoga con Broken Dialogues (Diálogos Quebrados) de Xoán Anleo

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.




NA VOZ




Niti Laíño
(Ourense, 1965)
Profesor de filosofía e fotógrafo. Criado na Alemania, emigrante retornado a unha aldea de Ourense con trece anos, esa imposta viaxe no tempo habería de marcar definitivamente a súa concepción do mundo. Xa en Compostela, onde se licenciará en Filosofía e Ciencias da Educación, alterna a biblioteca co asociacionismo de barrio, a militancia política (foi membro fundador dos CAF) co estadio de atletismo e aos 25 anos comenza a súa carreira como profesor de filosofía.
Pola vocación que supón unha aposta clara de vínculo social a través do oficio e pola inquedanza personal de desenrolarse, doutórase en filosofía cunha tese sobre educación, democracia e cidadanía no ano 2011 e toma moi ao serio outra vocación esixente, a de fotógrafo, saíndo da academia para abrirse ao mundo e amosalo ao seu xeito: rexistrándoo en película e sacándoo á luz dende un cuarto escuro. Nesa rotura da fronteira entre o privado e o público, leva organizadas catro exposicións de fotografía, sempre en formato analóxico: NYC maNY faCes maNY plaCes (ano 2011), Campo a través (ano 2012), Fata Morgana (ano 2013) e Muller (ano 2020). Segue no allo.


NA OBRA


Xoán Anleo
Broken Dialogues(Diálogos Quebrados)
2006. VÍDEO, INSTALACIÓN
Medidas: 6 min. 20 seg.



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +