Laura LaMontagne dialoga con "Sen título 35" de Tatiana Medal
UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.

NA VOZ

Laura LaMontagne
Laura LaMontagne (Lugo, 1993) é unha cantante e compositora galega. A finais do 2017 comeza a dar concertos pola cidade vella de Compostela, misturándose co ambiente poético e musical da cidade e dando forma o que será o proxecto que comeza xunto con PicoAmperio en xullo de 2019. Na súa proposta actual mistura música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro ou Fernando Pessoa. Melodías suaves, bucles vocais, persusións marcadas e atmósferas rascadas son elementos pilares da súa particular expresión artística. Xuntos pasaron por festivais como Atardeceres no Gaiás, Agrocuir, Eidos Fest, Cantos na Maré e San Froilán. Achegaron música á apertura da exposición "Galicia. Un relato no mundo", estiveron no programa musical FEEEL, da canle BETEVé de Barcelona, polos ciclos MUBEA na Alhambra en Granada e conseguiron o primeiro posto na lista "10 Demoscópicos Galicia-Castilla León 2019" de Mondosonoro. Neste 2020, son galardoados co premio Martín Códax da Música na categoría de Músicas Urbanas.
NA OBRA
Tatiana Medal
Sen título 35
2008. PINTURA
Medidas: 100 x 100 cm
Acrílico sobre tea.