Gabriel Quiroga dialoga con "Londres, 2012" de Francisco Leiro
UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.

NA VOZ

Gabriel Quiroga Barro
Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade en Historia Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela (1982). Funcionario do corpo facultativo superior de arquivos da Xunta de Galicia e en excedencia da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2014 é xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña. Anteriormente, desempeñou outros postos de traballo na Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela, no Servizo e na Subdirección Xeral de Arquivos, no Arquivo de Galicia e no propio Arquivo do Reino de Galicia. É membro da asociación BAMAD Galicia e foi presidente e secretario de ANABAD Galicia. Forma parte do padroado da Fundación Olga Gallego, entidade dedicada á promoción dos arquivos e do patrimonio documental de Galicia, da que é secretario. Publicou diversos traballos sobre historia, arquivística ou os arquivos de forma individual ou colectiva, e participou ou dirixiu a publicación de estudos sobre fondos documentais, de instrumentos de descrición e catálogos de exposicións nos arquivos en que traballou.
NA OBRA
Francisco Leiro
Londres, 2012
2008. ESCULTURA
Medidas: 257 x 244 x 80 cm
Madeira de chopo, televisor e moqueta vermella
Colección do artista.