Na voz da obra

María Abelleira dialoga con "S/T (da serie Momentáneas II)" de Mar Caldas

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.




NA VOZ




María Abelleira
Nacín en Santa María de Xeve, Os Fontáns, no concello de Pontevedra, aínda que hai xa moitos anos que resido en Santiago de Compostela. A miña estadía na cidade para completar os estudos de Filoloxía Galega supuxo, como noutros moitos casos, que establecese aquí a miña residencia. Profesionalmente, son socia (xunto a Óscar Senra) da cooperativa sen ánimo de lucro MAOS Innovación Social, a través da cal traballo e desfruto de diferentes iniciativas culturais e de compartir experiencias no mundo do cooperativismo. Ao seu abeiro colaborei en proxectos como o programa A Memoria das Mulleres (da Concellería de Patrimonio do Concello de Pontevedra), en concreto na sección das Traballadoras. No volume titulado Do gris ao Violeta. Achega á historia das mulleres de Pontevedra publiquei o artigo “Traballadoras, termando da terra, do ceo e do mar”. No marco deste proxecto tamén son co-autora do artigo “Oficios de salitre. As mulleres e os traballos do mar”, publicado no Boletín Galego de Literatura, núm. 50, 1º Semestre 2017, e da publicación en 2020 do Léxico das costureiras. Anteriormente colaborei na redacción do artigo “Recoller e xeorreferenciar a toponimia de Pontevedra”, publicado en Estudos de Onomástica Galega. Microtoponimia: Experiencias de recolla, didáctica e codificación, da Real Academia Galega.


NA OBRA


Mar Caldas
S/T (da serie Momentáneas II)
2000. FOTOGRAFÍA
Medidas: 130 x 120 cm
Fotografía cor.



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +