Na voz da obra

Jorge Mira dialoga con "Elegía para el cubo" de Luis Caruncho

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.




NA VOZ




Jorge Mira
Jorge Mira Pérez (Baio, 1968) é físico e catedrático de electromagnetismo da USC. Autor de máis de 150 publicacións en liñas de investigación que van dende a física (algunhas delas en colaboración co Premio Nobel 2019 John Goodenough) a matemática e a enxeñaría, ata as ciencias da saúde, as ciencias sociais ou as humanidades. Finalista do Premio 'Investigador Novel' da Real Sociedad Española de Física, Premio da Real Academia Galega de Ciencias, Premio do Colexio Oficial de Físicos de España e Premio da Crítica Galicia – investigación.
Foi Director do Departamento de Física Aplicada da USC, colaborador do Ministerio de Educación y Ciencia, director do Programa Conciencia (visitas de Premios Nobel a Galicia) e director da colección de divulgación científica da editorial da USC. Membro do Consello da Cultura Galega e académico correspondente da Real Academia Galega. Membro da comisión de expertos do Goberno de España para a reforma da hora oficial.
Colaborador da TVG e Radio Galega, de TVE-Galicia, RNE-Radio Clásica, Onda Regional Murcia e La Voz de Galicia. Pola súa actividade divulgativa foi recoñecido, entre outros, coa Medalla de Honor ‘Ciencia en Acción’, o Premio da Real Sociedad Española de Física, o XXX Prisma especial do xurado - Casa das Ciencias ou o I Premio de divulgación científica da Real Academia Galega de Ciencias e Xunta de Galicia.
http://galegos.galiciadigital.com/gl/jorge-mira-perez


NA OBRA


Luis Caruncho
Elegía para el cubo
2007. PINTURA
Medidas: 208 x 208 cm
Técnica mixta sobre táboa.



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +