Na voz da obra

Marta Pazos dialoga con "Sen título" da serie "Dípticos de lo mismo" de Rubén Ramos Balsa

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.




NA VOZ





Marta Pazos
Directora de escena, dramaturga, escenógrafa, vestuarista e intérprete. Marta Pazos (Pontevedra, 1976) é unha das creadoras máis efervescentes da vanguarda escénica española. Directora artística da compañía Voadora xunto á que desenvolve unha linguaxe propia basadeada na plástica, na música, na hibridación de disciplinas e na investigación escénica constante. Licenciada en Belas Artes pola Universidad de Barcelona, na especialidade de pintura, completa a súa formación en Italia na Scuola Cònia de la Societas Rafaello Sanzio, dirixida por Claudia Castellucci. Desde o ano 2000 dirixe teatro e ópera para entidades como o Centro Dramático Nacional, Teatro Real, Teatro Español, Teatro Lliure, Centro Dramático Galego ou MA Scène Nationale de Francia. Entre as súas postas en escena destacan a estrea mundial da exitosa ópera Je suis narcissiste, finalista nos International Opera Awards 2020; as versións das obras de Shakespeare Soño dunha noite de verán ou A tempestade; Tokio3, unha revisión da Divina Comedia de Dante Alighieri coa que foi finalista ao mellor espectáculo revelación dos Premios MAX; o Garage, un traballo sobre o papel da muller na industria automobilística protagonizado por traballadoras de PSA Peugeot-Citröen. Recibiu o Premio de Honra ao mérito nas artes escénicas da MIT Ribadavia, o Premio de Honra ‘Dorotea Bárcenas’ 2018 e catro Premios de Teatro María Casares como directora de escena e escenógrafa.
Fotografía de Vane Rábade


NA OBRA


Rubén Ramos Balsa
"Sen título" da serie Dípticos de lo mismo
2002. FOTOGRAFÍA
Medidas: Díptico. 120 x 148 cm c/u
Fotografía Cor.



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +