Marta Lois dialoga con "Follow the leader" de Isaac Cordal
UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.

NA VOZ
Marta Lois
Doutora en Ciencia política e profesora da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 2015 e 2019 desenvolveu responsabilidades públicas no goberno local sendo concelleira de CA no eido da igualdade, promoción económica, emprego e turismo. A súa actividade investigadora céntrase no campo dos estudos de xénero, poder, toma de decisións, teoría feminista contemporánea e políticas públicas. Entre as súas publicacións destacan : Mujeres, Instituciones y Política (editado por M. Lois e I. Diz, 2007). Lois, M. & I. Diz ¿Han conquistado las mujeres el poder político? un análisis de la presencia de las mujeres en las instituciones autonómicas (2012) Ciencia política con perspectiva de xénero (editora xunto con A. Alonso, 2014) que recibe o galardón do Premio nacional de investigación social Ángeles Durán. Posuidora de diversos galardóns relacionados coa innovación docente e a perspectiva de xénero. Na actualidade forma parte da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega e combina a docencia e a investigación coa responsabilidade pública no Concello de Santiago.
NA OBRA
Isaac Cordal
Follow the leader. London, UK
2010. ESCULTURA, FOTOGRAFÍA, INSTALACIÓN, ARTE PÚBLICA
Fotografía de instalacións de esculturas de figuriñas de cemento en diversos espazos públicos.