Juan Taboada dialoga con "Fluído" de Antón Patiño
UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.
NA VOZ

Juan Taboada
Son doutor en Física. Realicei a miña tese doutoral sobre circulación hidrodinámica no Mediterráneo, coñecementos que máis tarde puiden aplicar no ámbito do litoral galego. Posteriormente especialiceime en circulación atmosférica. No ano 2000 incorporeime ao daquela recentemente creado servicio meteorolóxico galego (MeteoGalicia). Ata o día de hoxe estiven a cargo dos prognósticos, coordinando ao equipo de predición operativa.
O traballo operativo do día a día non me fixo esquecer as labores de investigación e divulgación, polo que continuei participando en proxectos de I+D e outros de carácter máis divulgativo, como poden ser os programa de visitas a MeteoGalicia ou as diferentes intervencións en medios de prensa. Unha temática na que teño traballado con bastante intensidade nos últimos anos é o estudo do cambio climático en Galicia e as súas posibles consecuencias con ánimo de axudar a atopar as mellores estratexias de adaptación.
NA OBRA
Antón Patiño
Fluído
2005. PINTURA
Medidas: 200 x 200 cm
Técnica mixta sobre tela.