Na voz da obra

Carlos Negro dialoga con "Battersea Station" de Álvaro Negro

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.




NA VOZ





Carlos Negro
(Lalín, 1970) Iniciouse no xénero poético con As laranxas de alí babá (1998). En Xerais ten publicado Far-West (2001); Makinaria (2009); Penúltimas tendencias (2014), Premio da AELG á mellor obra de literatura infantil e xuvenil; Masculino singular (2016) ou Aplicación instantánea (2018), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Recibiu tamén o Premio Johán Carballeira polo poemario Héleris (2003), o Victoriano Taibo por Cultivos transxénicos (2008) e o Fiz Vergara Vilariño por Tundra (2017).Ensaiou o xénero satírico no dicionario Abelcebú (2010), de carácter burlesco.Nos últimos anos vén desempeñando un continuo labor de achegamento da poesía ao público xuvenil, a través de recitais e obradoiros por toda Galicia. En 2018 recibiu o Premio dos Clubs de Lectura que outorga a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia ao autor máis lido do ano 2017.Non cantan paxaros neste bosque (Xerais, 2021) é a súa última obra.

NA OBRA


Álvaro Negro
Battersea Station
2003. FOTOGRAFÍA
Medidas: 42 x 31 cm
Duratráns montado en caixa de luz.



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +