Na voz da obra

Rosalía Fernández Rial dialoga con "Next Time The Fire" de Leopoldo Nóvoa

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.




NA VOZ




Rosalía Fernández Rial
(Costa da Morte, 1988) Como creadora, sobre todo de poesía, Rosalía rexenérase en cada un dos seus libros, entre os que destacan: En clave de sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena (2012), Un mar de sensacións (2012), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) ou Sacar a bailar (2016). Títulos que cos que se metamorfosea en presentacións performánticas e musicais e que tamén foron levadas ao ámbito audiovisual.
Aulas sen paredes (libro-DVD, 2016) é a súa obra de ensaio máis relevante,.
En canto á estrea narrativa da autora, produciuse con Bonus track (Ed. Galaxia, 2018); un libro de relatos curtos tecidos con letras de cancións coñecidas e derradeiras esperanzas. Na mesma editorial publica o seu último poemario, Árbores no deserto. No que atinxe ao xénero dramático, destaca a escrita de "A lúa, válvula de spray", unha ficción sonora a través das rúas de Carballo dirixida por Quico Cadaval, interpretada por Melania Cruz, María Roja e Santi Romay, editada por Marcos PTT e producida por LIDISS para o FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro).
web da autora: https://rosaliafernandezrial.com/gl/

NA OBRA


Leopoldo Nóvoa
Da serie Next Time The Fire
1993. PINTURA
Medidas: 200 x 200 cm.



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +