A Negra Sombra de Juan Montes

A Negra Sombra de Juan Montes

Juan Montes (Lugo,1840-1899) foi un compositor, organista e director de música galego, especialmente recoñecido por ser o autor da versión musical do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro, unha canción icónica para a cultura galega. Hoxe cúmprense 181 anos do seu nacemento e o Consello da Cultura Galega (CCG) incorpora a súa entrada no Álbum de Galicia e ofrece diferentes versións históricas da súa peza máis coñecida procedentes do Arquivo Sonoro de Galicia.


Entrada do Álbum

Abandonou a súa carreira sacerdotal pola súa auténtica paixón: a música. A investigadora Ilduara Vicente Franqueira, que está a elaborar a súa tese de doutoramento sobre Juan Montes, é a autora da súa entrada no Álbum de Galicia. Nela podes coñecer as claves biográficas desta relevante figura. As fotografías proceden do Museo Provincial de Lugo.

Juan Montes

Lugo, 1840 - Lugo, 1899

Autoria: Ilduara Vicente Franqueira
Compositor insigne da música profana e de salón na Galicia do século XIX

Ver biobibliografía

5 versións históricas

Ofrecemos cinco versións históricas procedentes da colección de lousas do Arquivo Sonoro de Galicia do CCG. Estas gravacións, editadas entre 1924 e 1931, están interpretadas por coros galegos e por voces solistas do exterior, o que evidencia a popularidade desta composición.