OLLADAS SOBRE NÓS

O NOBELO DE MARIA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS

O especial O fío de Penélope condúcenos do fío de Ariadna ao nobelo de Penélope. Once mulleres fan cadanseu periplo polos contidos do web do Consello da Cultura Galega a partir das mulleres homenaxeadas en xornadas organizadas dende o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG. Como non podía ser doutro xeito, non tiran guiadiñas dun fío establecido, senón que cuestionan o nobelo de Penélope, tal e como fixo no seu día a poeta Xohana Torres nos seus recoñecidos versos: “A que tanto nobelo e tanta historia? Eu tamén navegar”. Esta é a travesía libre de Elena Vázquez Cendón da man de María Josefa Wonenburger Planells, unha matemática con tendencia a ser feliz.



Elena Vázquez Cendón,  decana de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, coordinadora da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, tira do fío de María Josefa Wonenburger Planells, a segunda muller homenaxeada no ciclo coa xornada MJWP na creación de coñecemento, realizada en 2010. A súa navegación lévanos por referencias vitais que marcaron a obra da científica coruñesa como foron o gusto pola arte, o ensino das novas xeracións, a importancia da docencia ou o inxente labor das mulleres pioneiras na ciencia. Todo isto baixo o paraugas do sorriso de María que alumea o seu legado para as novas xeracións.



Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +