O equilibrio dos extremos

Dos ximnetes nas cuíñas a quen lles descía polos ollos unha sombra de caeren mortos


Autoría: Antón Blanco
Recitador/a: Antón Blanco

(...)
di poema se agora co ventre cheo de fartura
na Idade de Bronce e nas suaves 
lombas se na elevada simetría
da batalla tal idioma esguivio que ti es será xamais soldado

como cravo a caer 
se en (…) 
unha puider dicir
cáenme-milleiros-de-causas-de luz-polos-dedos

se co ventre cheo
de fartura na cabeza dos ximnetes caen desgrazas magnas
se poema non serás xamais soldado 
en bronce se de ningún 
lugar es lindeiro

se un cravo se 
unha sombra 
que desce
polos ollos 
dos ximnetes
que se van
que se van
que se van
(...)

Soldados


Autoría: Xela Arias
Recitador/a: Antón Blanco

Porque bebes na fonte das dúbidas, sospeitas.
Porque habíta-la esperanza, sancionas.
Así sabes ti da elevada simetría das batallas.
Así conviñas pola muda da historia.
Que tal ve-la necesaria imposible inocencia dun minúsculo poder calquera?
Abrázome noutra revolución pendente.

Non vou ser soldado.
Poño a man
e cáenme milleiros de causas comúns polos dedos estirados.
Non vou ser soldado.
Sancióna-la mesquindade que os desexos tamén gardan?

Porque se línda-la utopía, atrévete agora e avanza.
Tamén ti ocultas
verdadeiros motivos en risas desencaixadas.
Así que abrázate nesoutra revolución necesaria.

Sería-lo mellor soldado, e mais cantas veces
mórrenche tódalas batallas.

De Boletín galego de literatura, n 11 (1994).