Vídeo didáctico (16´ 10´´) no que Patricia Simal Campos explica as ecuacións teóricas que fundamentan a práctica das lentes delgadas, un contido curricular de 2º de Bacharelato. Nesta peza explícase o desenvolvemento matemático da fórmula gaussiana das lentes delgadas e dedúcese a fórmula de Neuwton para lentes (fórmula equivalente da ecuación gaussiana ). Para rematar dedúcese a ecuación do aumento lateral das lentes.
Trátase dunha experiencia de innovación educativa baseada no método de “Aula Invertida” aplicada ao Laboratorio de Física en Bacharelato.