A fascinante explicación científica que hai detrás dos membros pantasma

Incorporación a Proxector: 29/8/2019

Vídeo de TED (5´ 14´´) no que o fisioterapeuta Joshua W. Pate nos explica as razóns científicas polas que determinadas persoas continúan a sentir un membro do seu corpo despois de ter sido amputado, ou mesmo aquelas que naceron sen un determinado membro poden chegar a sentilo tamén. Este vídeo axudarache a entender mellor o que se coñece no ámbito médico como “membro pantasma”.

Tradución de Mario Díaz.

Joshua W. Pate    AUTORÍA
29/8/2019 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube