Un delito de calumnias: proceso contra o escritor Manuel María

Incorporación a Proxector: 20/6/2019

Vídeo (11´ 16´´) de divulgación científica no que a investigadora Tamara López Fernández nos fala do delito de calumnias recollido no Código Penal de 1944, no marco dunha investigación que está a desenvolver sobre a delincuencia común en Lugo entre os anos 1945 e 1960. Nesta charla céntrase concretamente no sumario 275, do ano 1955, onde os procesados son o escritor Manuel María e Carlos Ángel Bellón por delito de calumnias a través da difusión dunhas coplas.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Tamara López Fernández    AUTORÍA
20/6/2019 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube