Vídeo (35´ 19´´) de divulgación científica no que Rosa Mosquera, profesora no Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, nos explica en que consiste un sistema agroforestal, cales son as diferentes tipoloxías e como este tipo de sistemas produtivos poden axudar a reducir o risco de incendios forestais.
A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.