Un edén nas Illas Cíes

Incorporación a Proxector: 26/6/2021

Vídeo (4´ 52´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, que nos fala do proxecto Cefaparques. Trátase dun proxecto de investigación liderado polo científico Ángel Guerra, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, que ten como obxectivo identificar e caracterizar os hábitats esenciais de tres especies comerciais de cefalópodos (os polbos, as luras e os chocos) dentro do Parque Natural das Illas Atlánticas.

Gciencia CREACIóN
26/6/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube