A outra vía láctea

Incorporación a Proxector: 24/5/2019

Vídeo (4´ 59´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, no que se presenta o traballo que desenvolve a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, situada no Campus Terra de Lugo. Trátase dun centro de investigación aplicada que ofrece formación e servizos tecnolóxicos a empresas do sector lácteo, co obxectivo de introducir no mercado novos produtos que incorporen valor engadido a este sector tan importante na economía galega.

Gciencia CREACIóN
24/5/2019 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube