Un mar de plástico

Incorporación a Proxector: 21/11/2019

Vídeo (4´ 29´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, que fala dos efectos dos microplásticos sobre os ecosistemas mariños. Cada ano bótanse aos océanos do mundo 8 millóns de toneladas de plásticos e os máis pequenos, denominados microplásticos, son absorbidos polos organismos mariños. Un equipo da Universidade de Vigo coordina o proxecto europeo Ephemare, con científicos e institucións de 10 países distintos, que buscan coñecer que consecuencias poden ter para a saúde estes microplásticos.

Gciencia CREACIóN
21/11/2019 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube