Bordos diverxentes e transformantes. Dorsais oceánicas e fallas transformantes

Incorporación a Proxector: 3/5/2019

Vídeo (7´ 39´´) no que se explican as características dos bordos diverxentes ou construtivos (límites entre dúas placas tectónicas contiguas que se separan), así como doutros conceptos asociados con este tipo de bordos: as dorsais oceánicas (relevo submarino formado polo desprazamento das placas), o rift (cavidade que se xera no interior dunha dorsal) e as fallas transformantes (zonas de fractura que cortan perpendicularmente as dorsais).

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Adela Otero    Xacobo de Toro    AUTORÍA
3/5/2019 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube