Como modela a lingua a nosa forma de pensar

Incorporación a Proxector: 30/4/2019

Vídeo de TED (14´ 13´´) no que a científica cognitiva Lera Boroditsky cóntanos que cada unha das 7.000 linguas faladas no mundo representa un universo cognitivo diferente e reivindica a importancia desta diversidade lingüística. Empregando diferentes exemplos explícanos que a lingua que falamos condiciona o xeito en que ordenamos o tempo e o espazo, a forma de percibir o mundo visual ou a posibilidade de introducirnos no campo cognitivo das matemáticas (dependendo de se existen “palabras número” que nos permitan contar).
Tradución ao galego de Carme Paz.

Lera Boroditsky    AUTORÍA
30/4/2019 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: TED