A arquitectura do gando, o pan e o viño

Incorporación a Proxector: 20/4/2023

Reportaxe (22´ 34´´), con guión de Pedro de Llano, onde se explican os usos e características arquitectónicas de diferentes construcións vinculadas á economía agrícola e gandeira, como poden ser as casas vivenda, as cortes, os fornos, os hórreos, os muíños ou as adegas. Trátase do terceiro capítulo dunha serie de cinco vídeos sobre a arquitectura popular en Galicia deseñados para o alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Pedro de Llano Cabado    AUTORÍA
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia CREACIóN
20/4/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube