Factores condicionantes dunhas singulares edificacións

Incorporación a Proxector: 25/4/2019

Reportaxe (23´ 34´´), con guión de Pedro de Llano, sobre os diferentes factores que explican as peculiaridades espaciais e formais da arquitectura popular galega. Entre estes factores saliéntase o clima, a tipoloxía de materiais de construción dispoñibles e a importancia que os diferentes espazos produtivos tiñan no mundo agrícola. Trátase do primeiro capítulo dunha serie de cinco vídeos sobre a arquitectura popular en Galicia deseñados para o alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Pedro de Llano Cabado    AUTORÍA
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia CREACIóN
25/4/2019 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube