Pode o sol ser bo para o teu corazón?

Incorporación a Proxector: 10/7/2019

Vídeo de TED (12’ 59’’) no que o dermatólogo Richard Weller explica que a luz solar, ademais de proporcionarnos vitamina D, favorece que a nosa pel libere óxido nítrico. Este feito beneficia a presión sanguínea e o sistema cardiovascular, o que explicaría que en zonas con menos incidencia da luz solar durante o ano se sufran máis cardiopatías.

Tradución de Sabela Rey.

Richard Weller    AUTORÍA
10/7/2019 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: TED