Vídeo (1h 08’) no que Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, presenta unha panorámica dos incendios forestais en Galicia e Portugal para entender se estamos ante unha xeración de lumes insólita. Séguense as fases píricas de Bowman e proponse unha nova realidade: os megaincendios, cada vez máis grandes e difíciles de controlar.
Relatorio dentro do Coloquio galaico-portugués sobre incendios forestais: Unha nova xeración de lumes?, organizado polo Consello da Cultura Galega (18 de xaneiro de 2018).