Resistencia á colistina en cepas de E. coli de orixe porcina

Incorporación a Proxector: 13/7/2018

Vídeo de divulgación científica (9' 53''). A resistencia a antibióticos é un dos máis importantes problemas de saúde pública. Moitas das cepas multirresistentes íllanse en animais de produción e poden transmitirse ó ser humano a través  da cadea alimentaria.

A colistina é un dos antibióticos que se empregan en medicina humana para tratar infeccións complicadas con cepas  multirresistentes, pero tamén é moi usado en produción porcina. Pero en 2016 atopouse que algúns tipos de E. coli posúen un xene (mcr-1) que lles confire resistencia á colistina.

O obxectivo principal do noso estudo, foi testar a prevalencia dese xene nun grupo de cepas de E. coli de orixe porcina.

Charla de Isidro García Meniño no DivulgaTerra 2017.

Isidro García Meniño    AUTORÍA
13/7/2018
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube