Ferramentas moleculares para identificación de híbridos: rodaballo (Scophthalmus maximus) e coruxo (S. rhombus)

Incorporación a Proxector: 13/7/2018

Vídeo didáctico (9' 04''). A aplicación de ferramentas xenómicas permite abordar problemas e cuestións que non se poderían resolver co emprego de ferramentas xenéticas tradicionais, ademais de afondar no coñecemento en diferentes campos de investigación (por ex. xenómica da conservación).

Neste traballo, empregouse un enfoque xenómico baseado na secuenciación ddRAD (double digest Restriction site-Associated DNA) para identificar individuos de dúas especies de peixes planos: rodaballo (Scophthalmus maximus) e coruxo (S. rhombus) e os seus potenciais híbridos. Detectáronse bioinformaticamente marcadores moleculares diagnóstico de tipo SNP (Single Nucleotide Polimorphism) entre as dúas especies a partir da base de datos creada coas secuencias RAD obtidas a partir da secuenciación. Posteriormente, deseñouse un panel reducido de SNPs e testouse a súa validez con mostras procedentes de todo o rango natural de distribución.

A presente metodoloxía podería ser aplicada a organismos non modelo, dos que non exista xenoma de referencia, sendo así unha ferramenta interesante para ser empregada amplamente en accións de xestión, conservación e fraude alimentaria.

Charla de Adrián Casanova no DivulgaTerra 2017.

Adrián Casanova    AUTORÍA
13/7/2018 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube